venres, abril 29, 2016

EN UN LUGAR DE LA MANCHA....



Durante a semana do libro a nosa biblioteca converteuse nun lugar da Mancha.
A xornada transcorreu dun modo moi ameno e gran parte do alumnado demostrou non só o entusiasmo que lles suscita   este simbólico e emotivo acto, senón tamén o gran nivel de lectura que hai no colexio, acompañada moitas veces de dramatización na mesma. 



 Desde a biblioteca queremos agradecer non só aos alumnos lectores e dramaturgos senón aqueles que os escoitaron atentamente, grazas a todos.

Seguiremos fomentando a lectura:Para iso seleccionarase unha metodoloxía activa e participativa que contará con todos os medios ao alcance do centro.
Entre os nosos obxectivos hoxe destacamos estes:

  •  facer da biblioteca un lugar de encontro e un espazo de comunicación para os nosos alumnos/as, amantes das letras, a conversación, a reflexión, o humor, a tenrura...
  • Facilitar estratexias para poder espertar no alumno/a o interese pola lectura e escritura recreativa, pracenteira, de goce... 








xoves, abril 21, 2016

Hoxe coñecemos un ILUSTRADOR GALEGO





Este señor é Xosé Cobas. Naceu en Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953

Pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo as súas obras en distintas galerías e centros de arte de España, Europa e Latinoamérica. Os seus inicios na ilustración foron en prensa diaria. A finais dos 80 comezou a traballar como ilustrador de literatura infantil e xuvenil. Desde 1991 é deseñador gráfico da Deputación da Coruña. Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun centenar de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.

 Estes son dous exemplos de libros ilustrados por Xosé Cobas.
Se queres saber máis sobre Xosé pincha enriba do seu nome.


MOITAS GRAZAS ¡¡ por vir o noso colexio, e pasar con nós este día tan especial adicado a lectura.
Seguiremos emocionándonos cos teus debuxos, obras pictóricas, esculturas......

LECTURA NO PATIO.


O gusto pola lectura debe de ser desenvolvido durante as primeiras etapas da vida , para que aprenda a concibir a lectura como unha maneira distinta de coñecer sobre a súa contorna, de comprendela e poder transformala.

Hoxe saímos o patio a facer esa lectura, acompañados do noso padriño/madriña lector.

O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia sinxela posta en marcha para o fomento da lectura, pero que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que os pretendidos inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. E é que con esta actividade créanse uns lazos afectivos que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente.

Chamamos padriños e madriñas aos nenos e as nenas dun curso de primaria que voluntariamente len contos,  a nenos e nenas de educación infantil ou dos cursos baixos de primaria.








mércores, abril 20, 2016

Contacontos na Biblioteca




Hoxe visítounos o contacontos Iago. Co conto "Feliz feroz", estivemos moi atentos, algúns transformáronse en protagonistas do conto e os demais gozamos da historia. Grazas Iago por vir visitarnos, volve pronto¡¡. A actividade estaba destinada para todo infantil e 1º ciclo de primaria. 















martes, abril 19, 2016

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril

Os libros son para valentes A verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos sobre a importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo... Sempre pensei que falar da importancia da lectura era como ter que explicar a importancia de comer, de beber. De respirar. Porque de nada serve unha lectura se non nos atrapa. De nada serve un libro que non nos namora. Que non nos marabilla, quen non nos amosa outros mundos, que non nos emociona. De que serve unha historia se non nos arrastra dentro da treboada, se non nos fai chorar ante unha vida que se apaga, se non nos fai rir ata desencaixarnos a mandíbula, se non nos arrebata, se non nos calma...? Esas son as boas lecturas, as que nos levan máis alá destas catro paredes. E eses son os bos libros, os que nos converten en mellores persoas, máis grandes, máis capaces, máis vivas. Todos sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos cambiará a vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis debemos estar dispostos a ser valentes, a dar un paso adiante e dicirlle a esa persoa “Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?”. Do mesmo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas... Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos? PEDRO FEIJOO. (Pincha enriba do nome do autor para saber máis)

martes, abril 12, 2016

IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES



Este ano 2016, fai catrocentros anos da morte do escritor Miguel de Cervantes, dende a biblioteca imos facer unha pequena homenaxe lendo a súa mellor obra  Don Quijote de la Mancha, pero que máis sabemos de Cervantes? pincha enriba dos seguites enlaces:(letra verde)


 1. As obras de Cervantes, online. A web do Proxecto Gutenberg recompila versións en multitude de idiomas de varios libros cervantinos. Nesta web tamén as atoparás en español, xunto con información do autor

    2. Minisite sobre Miguel de Cervantes. Elaborado pola Biblioteca Virtual do Instituto Cervantes, este espazo web inclúe información moi completa sobre o autor. Destaca a fonoteca, con gravacións dalgunhas das súas obras, a videoteca con comentarios de expertos e a ampla listaxe de filmografía recomendada. Podes completala coa sección dedicada ao Quixote. 

  3. A vida de película de Miguel de Cervantes. Reportaxe no que se repasan as sorprendentes aventuras e desventuras do ?Manco de Lepanto? na batalla homónima e explícase como estas vivencias poden axudar a identificar os seus ósos.  

  4. A narrativa nos Séculos de Ouro. Sinxela aplicación online con datos sobre a novela do século XVI, Cervantes e O Quixote. Ademais de proporcionar un contexto ao autor, inclúe actividades tipo test para comprobar os coñecementos adquiridos.  

 5. Edición orixinal do Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha. Esta versión virtual da Biblioteca Nacional de España ofrece a posibilidade de ver a obra tal como publicouse por primeira vez en Madrid entre 1605 (primeira parte) e 1615 (segunda parte).  

  6. Nun lugar da rede. Aplicación interactiva multimedia pensada para estimular a lectura do Quixote, con información de contexto, varios capítulos online, datos sobre a obra, actividades e xogos. Inclúe guía de uso e guía didáctica. 

   7. Don Quixote da Mancha. Completa web educativa dedicada ao Enxeñoso Hidalgo, con recursos, actividades, xogos, cómics, actividades?   

 8. Aprende e divírteche co Quixote. Minisite con catro aventuras animadas e xogos para practicar lingua e matemáticas co famoso libro de Cervantes.  

  9. Cincuenta preguntas sobre O Quixote e Miguel de Cervantes. Reportaxe do País con curiosidades sobre a vida e a obra de Cervantes.   

 10. Serie de televisión O Quixote. RTVE ofréceche todos os capítulos desta mítica serie, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón, con guion de Camilo José Cela e protagonizada por Fernando Rey e Alfredo Landa. Tamén se está preparando unha ficción sonora sobre O Quixote para radio, que poderá escoitarse aquí. 

( Esta información é aportada pola AULA PLANETA)