sábado, decembro 09, 2017

Contacontos coa Dragona Ramona en decembro nas Bibliotecas municipais de Culleredo.

15 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA CARDESO LIÑARES DE VILABOA.
CONTO: O Papón. Pablo Albo. OQO Editora.
HORA: 18:30
Para nen@s a partir de 3 anos

Resultado de imagen de la dragona ramona



29 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS DO BURGO
CONTO: O Papón. Pablo Albo. OQO Editora.
HORA: 18:30
Para nen@s a partir de 3 anos


Resultado de imagen de O papón

xoves, novembro 30, 2017

25 de Novembro. O xénero tamén conta: contos pola igualdade.

    As nenas e nenos en idade escolar están devenvolvendo a súa personalidade e o lugar que ocuparán na sociedade nun futuro. Por iso é importantísomo educar dende todos os ámbitos ( familia e escola) para previr atitudes que nun futuro poidan  xerar violencia de xénero.

    A nosa sociedade avanza e as historias que as nenas e nenos len deben reflectir esa realidade, axudando a construír unha sociedade mais igualitaria, rompendo estereotipos, educando as emocións e amosando unha visión do mundo baseada na tolerancia, a igualdade, o respecto, etc.

    As pequenas e pequenos precisan libros onde as nenas e nenos protagonistas, independentemente do seu sexo, poidan elexir os seus soños, desexos e ilusións e ter as mesmas oportunidades para acadalos.

    Tamén son  necesarios os libros cos que se fomente a autoestima. Pensemos que a base para acadar unha sociedade na que nos tratemos ben uns aos outros é que as persoas que forman esa sociedade sexan capaces de quererse a sí mesmas, pois para aprender a ver a beleza nos demais primeiro temos que ser capaces de vela en nós mesmos.

    A Literatura Infantil e Xuvenil en ocasións continúa reflectindo roles e estereotipos de xénero e representando valores que non transmiten igualdade, por iso dende o Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, convencid@s de que temos que traballar dende as familias e dende a escola para educar na igualdade, propoñémosvos esta escolma de contos para traballar na coeducación:




                   

      

  


      

           
Image result for a cincenta que non quería comer perdices       Mi cuerpo es mío.jpg

Related image    la-mitad-de-juan


los-viajes-de-olga        princesas, dragones y otras ensaladas


Related image 

Image result for a coelliña Marcela


http://alusdocandil.com/78/o-libro-dos-porcos.jpg

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8mndHC_3jIz6BSu83MBCt1Pha0E_BIleDUoTJVc7q9mDQAzRNWYSpH-Pf8FgeTyjtPNi0tUfxJIBjCRU0fUwdAO2DYlByBZ39JIOCJcpE4ImNzOtvmuAMeYv8he8hsh8YZXIMoYH-K4Y/s400/MANDON%255B1%255D.jpg

    Agardamos que Os Reis Magos tomen boa nota e inclúan estas propostas de lectura nos agasallos deste ano.




domingo, novembro 26, 2017

Illa Fantasía, a Escola do Unicornio.

    O Proxecto "Illa Fantasía, a Escola do Unicornio" é un proxecto de animación á lectoescritura que xurde no CEIP Sada y sus contornos, no que actualmente participa alumnado de distintos centros de Culleredo e no que colabora o noso Concello.

     As clases de 4 e 5 anos e de 1º e 2º de Educación Primaria mergulláronse nesta aventura cargada de maxia e recibiron a visita da bruxa Brúxula recén chegada da Illa Fantasía.

    Brúxula contounos moitísimas cousas, como por exemplo que ten 172 anos (ainda que se conserva estupendamente! ! !), que vive nunha pagoda de cinco pisos, falounos do problema da Escola do Unicornio, das cousas importantes que leva dentro da súa maleta, das viaxes de You You Tu, ensinounos a situar os puntos cardinais coa axuda dun compás e cuns unicornios que nos trouxo, e amosounos o seu amuleto feito con pedras máxicas. Agora tócanos a nós facer os nosos amuletos! ! !

    Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita de Brúxula.

martes, novembro 21, 2017

Visita da DRAGONA RAMONA

    O alumnado de Educación Infantil recibiu a semana pasada a visita da DRAGONA RAMONA que nos agasallou contándonos a historia de CARABUÑAS, un conto de OQO EDITORA escrito por Margarita Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi.


    A continuación podedes ver  unha escolma de fotos da visita.



    A DRAGONA RAMONA convidounos a visitala coas nosas familias na BIBLIOTECA  GONZÁLEZ GARCÉS do Burgo ou na BIBLIOTECA CARDESO LIÑARES de Vilaboa.

    Este  venres 24 de novembro na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa  ás 18:30 h. temos unha sesión de contacontos coa DRAGONA RAMONA, onde podemos ir acompañad@s das nosas familias e escoitar o conto ROSA CARAMELO. Este conto é axeitado para nen@s a partir de 3 anos e a entrada é libre.




sábado, novembro 04, 2017

Lecturas para pasalo de medo.

O pasado venres día 27 de novembro, dentro das actividades organizadas para conmemorar o Samaín na escola, tiveron lugar distintas sesións de contacontos adaptados á idade do alumnado.

O alumnado de Educación Infantil escoitou o conto: A CASA DO RATO RENATO.





O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria desfrutou dunha representación teatral a cargo dun grupo de alumnado de 5º curso e tamén da lectura do conto : EL FANTASMA FRAN.

Image result for A fantasma Fran



UNHA NOITE DE TREBOADA e A CABAZA TERRORÍFICA foron os relatos que escoitaron os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria neste Samaín de conto.





O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria pasouno de medo escoitando: A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS e unha representación teatral do alumnado de 5º curso.










domingo, outubro 29, 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Este é o lema elexido para este curso 2017-2018 polas Bibliotecas Escolares de Galicia.


Xosé Tomás, é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as Bibliotecas Escolares do territorio Galego.

O lema elexido nesta ocasión convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a actividade educativa.