domingo, decembro 16, 2018

DECORACIÓN DO CORREDOR DA BIBLIOTECA

Xa temos todo decorado. Primeiro colaboraron mestres e mestras para poñer o papel, despois foron os/as nenos e nenas de 5º e 6º de EP os que fixeron o demais. Mirade o resultado!!!








mércores, decembro 12, 2018

Busca do tesouro

Abayomi e Drilo propuxéronnos un xogo para este trimestre. Participaron todas as clases. D espois de superar unhas probas e buscar a información necesaria tiveron a súa recompensa.






venres, novembro 30, 2018

Mochilas viaxeiras!!!

Este curso dende a biblioteca elaboramos unha mochila viaxeira para cada aula, que durante unha semana poderán levar a casa os nenos e nenas do cole. Nela, atoparán diferentes libros cheos de aventuras e coñecementos.

martes, novembro 27, 2018

Dragona Ramona

O xoves 8 de novembro, os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria, disfrutamos na nosa biblioteca cos contos da Dragona Ramona.




domingo, novembro 25, 2018

Primeiro reto...Superado!!!!

Drilo e Abayomi propuxéromnos un reto: por cada momia que fagamos, unha pedra da pirámide de fátima aparecerá. Ao final, decorando as portas do cole, coas cabazas e cos postres exipcios, conseguimos entre todas e todos 237 momias!!!! Reto superado!!!!


martes, novembro 20, 2018

Descifrando os primeiros papiros!!!!


Os papiros comezaron a chegar as nosas aulas. En primaria envíaos Abayomi, un neno exipcio, e para infantil, un crocodilo do Nilo chamado Drilo. Neles, piden axuda para que volva a aparecer a pirámide da momia Fátima, e se vamos superando os retos que nos propoñen, irán aparecendo pedras dela.









domingo, novembro 04, 2018

SAMAÍN

O SAMAÍN chegou ao noso cole. As portas apareceron decoradas con momias e moitas das cabazas e postres, tamén reflexaban a temática do PDI.











xoves, novembro 01, 2018

ELIXINDO O NOSO PROXECTO

Este novo curso dende a biblioteca imos traballar un proxecto sobre Exipto. Antes de rematar o curso anterior, os nenos e nenas do cole votaron sobre que cultura lles gustaría coñecer mais. Aquí vos deixamos as imaxes deste proceso.