mércores, marzo 28, 2018

Fomentando o gusto pola lectura

Os maiores do colexio fomentan o gusto pola lectura no alumnado de menor idade.
Por iso, periódicamente visitan as aulas dende 3 anos ata 1º de Educación Primaria contándolles historias cheas de aventuras, fantasía e maxia. Historias que os transportan a mundos lonxanos e os convidan a voar coa imaxinación.




Aproveitamos a ocasión para lembrar o importante que é para os máis pequenos que lles conten contos.


luns, marzo 26, 2018

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE CULLEREDO

LUNS 2 DE ABRIL
Biblioteca González Garcés (O Burgo)
18:30 horas
Contacontos máis obradoiro: o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa
Para nen@s a partir de 3 anos.
Recollida de invitacións.

VENRES 6 DE ABRIL
Biblioteca González Garcés (O Burgo)
18:30 horas
Contacontos coa dragona Ramona: O que escoitou a xoaniña.
Para nen@s a partir de 3 anos.
Entrada libre.

sábado, marzo 17, 2018

Obradoiro de contos en Culleredo

Obradoiro de contos: os meus pequenos medos
DATA: venres, 23 de marzo
LUGAR: Biblioteca González Garcés do Burgo (Rúa Ramón Cabanillas, 14)

Resultado de imagen de servicios múltiples culleredo

HORA: 18:30
IDADES: para nen@s de 5 a 8 anos.
PREVIA INSCRICIÓN NA MESMA SEMANA

mércores, marzo 14, 2018

Contacontos coa Dragona Ramona

VENRES 16 DE MARZO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: A voda dos ratos.
A partir de 3 anos. Entrada libre.

Resultado de imagen de dragona ramona

luns, marzo 12, 2018

A terceira visita de Brújula ao noso colexio.

Brújula chegou cargada cunha mochila moooooooi grande.

Explicounos que estaban tentando chegar aos Tres Picos do Dragón. Traía unhas palabras máxicas que lle entregou o Mago Alfa e que servían para durmir aos dragóns. As palabras estaban nuns cofres pechados con chave, pero as chaves estaban agachadas polo cole e tivemos que saír da clase na súa procura.

Resultado de imagen de dragón chino

Finalmente conseguimos atopar todas as chaves e abrimos os 4 cofres.
Dentro estaban as palabras para durmir aos dragóns, pero para poder ler as palabras precisamos da linterna máxica que tiña Brúxula, porque no papel non se vían as letras.

Ademais, conseguimos 400 metros de escalada ! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita.




sábado, marzo 03, 2018

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA.

O 24 de febreiro está recollido no calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega, unha muller que se amosa actual e poderosa.

Retrato de Rosalía de Castro

Este ano, por coincidir en fin de semana, trasladamos a celebración ao luns 26 de febreiro. Reunímonos no patio onde  Rosalía cobrou vida nas voces dos nenos e nenas a través de recitais, lecturas compartidas, etc.



Decoramos as escaleiras principais do noso colexio cos seus versos para que nos acompañen todos os días do ano.


Despedimos a entrada adicada a esta muller innovadora, comprometida e adiantada ao seu tempo, con tres fermosos vídeos.








venres, marzo 02, 2018

A segunda visita de Brújula ao noso colexio.

Brújula entrou nas nosas clases a gran velocidade.
O paraugas que lle dera o Mago Alfa estaba roto e por iso estivo perdida no espazo.
A súa maleta pesaba moito e entre tod@s axudámoslle a levantala.
Tróuxonos como agasallo UNHA CONSTELACIÓN! ! ! Pero perdeu as estrelas. . . 
Algunhas das estrelas perdidas apareceron no rosco dos acertixos, outras no seu pelo. . .
Xunt@s conseguimos formar a constelación, é xenial traballar en equipo! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da visita de Brúxula en 1º e 2º de Educación Primaria.



E agora os mellores momentos do paso de Brújula polas clases de 4 e 5 anos de Educación Infantil.