martes, abril 03, 2018

Concurso: un conto de Hans Christian Andersen en cómic

     Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic».

PARA PARTICIPAR:

1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca.
2. Escoller un libro de Hans Cristian Andersen que o/a participante lera e que lle guste especialmente.
3. Debuxalo en forma de viñetas. Non menos de catro viñetas, non máis de doce viñetas co formato dun cómic: globos de texto, epígrafes, etc, nun máximo de 3 follas (Din-A4).
4. Os traballos poden presentarse individual ou colectivamente.
5. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores/as: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar, así como o nome do profesor/a ou bibliotecario/a, o nome, dirección e teléfono do centro e un correo electrónico de contacto.
6. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso, segundo o seu bo criterio, e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou por correo electrónico antes do día 23 de abril xa que o día dous de abril cae en época de vacacións, aos seguintes enderezos, segundo a súa residencia e o ámbito lingüístico no que participe.

▪ Consejo General del Libro Infantil y Juvenil. c/Santiago Rusiñol, • 8.28040 Madrid. secretaria@consejodellibro.org
▪ Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil- ClijCAT. c/Mallorca, 272-274. 08037 Barcelona clijcat@clijcat.cat
 ▪ Galtzagorri Elkartea. Pza. Zemoriya, 25 bajo. 20013 Donosti. galtzagorri@galtzagorri.eus
▪ Gálix. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. galix@galix.org
 ▪ OEPLI. concursodiainternacional@oepli.org

7. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico: Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria) Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria) Superlectores (1º e 2º de Secundaria).
8. Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para os/as premiados/as e para a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
9. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións da OEPLI.
10. O ditame do Premio terá lugar no mes de maio, antes do día 21 e a entrega dos premios celebrarase na data e no lugar que acorden cada unha das sección da OEPLI.
11. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez resolto o concurso. A OEPLI e as súas seccións poderán empregar os debuxos gañadores en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que isto dea dereito a retribución algunha para os/as concursantes.
12. A participación no concurso supón a autorización dos/as pais/nais e titores dos/as menores para que os debuxos poidan ser difundidos a través das redes sociais e da páxina web da OEPLI e das diferentes seccións territoriais.
13. A presentación dos orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas presentes bases

Aqui podedes consultar o enlace á información oficial da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil.

ENLACE

luns, abril 02, 2018

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil



 Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018  correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.

Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. 

Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.