martes, marzo 26, 2019

SEGUNDO ENIGMA DA SEMANA

Aquí tedes a lista dos acertantes do noso segundo enigma da semana. Moitas gracias a todos os nenos e nenas que participaron!!!!

PAPIRO 2

mércores, marzo 20, 2019

O ENIGMA DA SEMANA

Nun dos últimos papiros, Abayomi propúxonos participar no enigma da semana, un xogo de pistas nos que temos que averiguar a solución.
Na resolución do primeiro enigma, participaron sesenta alumnos e alumnas, e vinte foron capaces de  averiguar a resposta correcta.
No enlace podedes ver os nomes das nenas e nenos que conseguiron acertar o noso primeiro enigma.
Noraboa a todos e todas!!!!!!

PAPIRO

xoves, marzo 07, 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Dende a biblioteca queremos celebrar o Día da Muller Traballadora, para iso, puxemos a disposición dos nenos e nenas moitos libros que falan da muller e da súa importancia.

Esta conmemoración comezou un 8 de marzo de 1857, cando un grupo de obreiras textiles decidiu saís ás rúas de Nova York a protestar polas malas condicións nas que traballaban.
Dende ahí, sucedéronse diversos movementos. Un deles, foi o 5 de marzo de 1908, onde un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo paa poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres nunha fábrica, nun incendio que se atribuiu ao dono da fábrica como resposta á folga.
Xa en 1910, nunha Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras, mais de 100 mulleres decidiron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.