martes, decembro 17, 2019

KAMISHIBAI

Despois de que cada curso investigou sobre un animal en perigo de extinción, reunimos toda a información. Foron os/as nenos/as de 5º de EP os encargados de preparar un kamishibai con toda esa información, para poder presentala a todo o alumnado.

Aquí vos deixamos o resultado!!!



luns, decembro 16, 2019

LIBROS PARA PEDIR AOS REIS MAGOS

Estas son as nosas recomendacións de lectura para este Nadal.


ACTIVIDADES BIBLIOTECA 1º TRIMESTRE

Como peche do 1º trimestre, realizamos 2 actividades:

Unha dirixida ao alumnado de EI e 1º e 2º de EP, que consistíu en dividir un mapamundi en 10 partes para que cada aula a decorara con material de refugallo. Unha vez rematado, montamos tódalas pezas, para visualizar  o mapa xerado entre todos e facer unha reflexión sobre que o cambio climático é cousa de todos.

Mans á obra!!!

 

Xa casi está!!!





Outra actividade foi a dirixica ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, na que cubrían un documento/proxecto, reflexión a partir da visualización do vídeo de Alan Walker "Different world"
Este traballo terá a súa continuidade no 2º trimestre e vese complementado coas aportacións e materiais que consideramos poden axudar ao alumnado a aclarar conceptos e a unha maior concienciación sobre o cambio climático, e que aparecen  recollidas no seguinte blog , que recomendamos consultar.


https://conexionconvivencia.wixsite.com/bibliotecariadoburgo/proxecto-3o-6o




martes, decembro 10, 2019

PASAPORTE LECTOR

Continuamos a actividade dos pasaportes lectores  xa que tivo moito éxito o curso pasado.
Nenos e nenas voluntarios
irán cubrindo o pasaporte cos títulos dos libros que len. Os titores e titoras encárganse de colocar un cuño en cada libro lido. Unha vez cuberto o pasaporte, acuden con él á biblioteca, onde recibirán un agasallo.
Aquí están os primeiros en recibir os seus agasallos!!!