mércores, maio 20, 2020

VALSE DE VILANOVA DOS INFANTES

40 nenas e nenos do Ceip Plurilingüe Ría do Burgo interpretan neste 17 de maio de 2020, día das Letras Galegas, o Valse de Vilanova dos Infanes



sábado, maio 16, 2020

AS NOSAS VERBAS. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos o vídeo elaborado coas palabras do galego que o noso alumnado considera máis fermosas. Esperamos que vos guste.





xoves, maio 14, 2020

domingo, maio 10, 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O próximo 17 de maio celébrase o día da Letras Galegas. Este ano imos celebralo dun xeito especial dende as nosas casas.

Propóñémosvos dúas actividades:

1.- Escape room de Carvallo Calero

Facilitado por Alba Carril, do CPI de Vedra, e Ana Santos , do CEIP  Carril.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre  Carvallo Calero neste enlace  ou telos de apoio por se precisades buscar algo.

Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.


Enlace do xogo:
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR219LJCkajRtQD2fziv2dWgJgBF4rKyPTdSVfmsrbe77gtRjJSmCQh0bIs

2.- As nosas verbas.


A nosa proposta consiste en que nos enviedes unha palabra en galego que vos guste. Mandádea decorada para que quede bonita.   Con todas as recibidas prepararemos un vídeo que colgaremos no blog.
Enviade a vosa palabra a biblioteca.riadoburgo@gmail.com antes das 14h do venres 15 de maio.
Animádevos a participar!!!

XOGOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

Para estes días de confinamento deixámosvos unha colección de xogos de mesa realizados por unha familia do colexio e que os quere compartir con toda a comunidade educativa. A temática está relacionado co PDI deste curso, o cambio climático.
Esperamos que vos gusten e pasedes con eles momentos de diversión!!!

Xogo dos "Animais en perigo de extinción" para EI:



Xogos dos "Animais en perigo de extinción 1" para EP:


Xogo "Cuidemos nuestro planeta":



Xogo "Animais en perigo de extinción 2" para EP:



Xogo "Animais en perigo de extinción 3" para EP:


Varios xogos sobre "Animais en perigo de extinción":