venres, novembro 27, 2015

A MEMORIA DO NOSO NENO GALEGO




 Hoxe deixounos o escritor dezano Xosé Neira Vilas finou  na súa casa de Gres, Vila de Cruces.








                                                                                            letra : Neira Vilas. música:Manuel R Crespo


   ¡ ¡ ¡ GRAZAS SR. NEIRA VILAS ! ! !


martes, novembro 24, 2015

A DRAGONA RAMONA



A semana pasada, recibimos a visita da Dragona Ramona que nos contou o conto: Quen pode vencer ao vento? .



 Quen pode vencer ao vento? .
 Hai moito tempo,
os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra.
Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo:
o león, a hiena, o elefante, a lebre,
a gacela, o mono, a tartaruga,
mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos.
Un ano houbo una seca enorme.
A calor e o po invadían todo.
No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse.





Todos os nen@s de infantil acudimos a biblioteca do colexio a escoitar o conto con moita atención.
A dragona Ramona as veces, está na biblioteca de Vilaboa, outras na do Burgo.

5º e 6º no contacontos terrorífico


 O alumnado do terceiro ciclo, tivo a sesión do contacontos en inglés, o noso auxiliar de conversa Ryan, escribíu unha terroríca historia de medo que acontecía no noso colexio. Aquí tedes unhas fotos.



Thanks Ryan

domingo, novembro 15, 2015

3º e 4º NO CONTACONTOS DO SAMAÍN


Os nen@s de 3º e 4º tamén asistimos a nosa sesión terrorífica, esta vez foi .... o profe Vicente. O director, ataviado de Gomez Addams, contounos das historias terroríficas. Grazas profe!
                                                                                                                                                                              Seis barbudos entraron nunha panadería.Os clientes estaban aterrorizados. Aqueles barbudos non podían buscar nada bo!




O Capitán Calabrote vivía tranquilamente,
retirado nunha illa deserta onde tiña enterrado o seu tesouro. Un día apareceu un visitante inesperado: outro vello e temible pirata escollera o mesmo territorio para esconder o seu cofre...


Aquí déixovos algunhas imaxes da sesión



SAMAÍN NO PRIMEIRO CICLO




 O alumnado de 1º e 2º tamén asistíu a una sesión de contacontos terrorífica. Esta vez ¨As Cenorias Maléficas¨. Contaba a historia dun coelliño, chamado Jasper, que lle gustaba comer moitas cenorias, pero estas cenorias tiñan algo de especial....





A encargada de contarnos este conto foi... a profe Mar. Grazas Mar. Cando queiras contanos outro.

luns, novembro 09, 2015

CONTACONTOS SAMAÍN PARA INFANTIL




 SAMAÍN A TRAVÉS DOS CONTOS


Este ano todo o colexio asistíu a unha sesión de contacontos terrorífica.
Os nenos e nenas de infantil , escoitaron Atrapemos al monstruo, e unha poesía terroríca "Justo, a pantasmiña","Donde viven los mounstruos".


 Un ruidito nocturno esperta a Dona Pata. Asustada, pide axuda ao porco. Iste, á súa vez, avisa ao oso, esaxerando o perigo, e así, mentres a noticia pasa dun animal a outro, o que ao principio era un ruidito acaba tomando forma de monstro, ao cal os animais están decididos a cazar. E vaia sorpresa levarán!
Atrapemos o Monstruo


Justo," a pastamiña"




O álbum ilustrado por excelencia, que foi levado ao cinema, transporta ao lector nunha inesquecible viaxe de ida e volta ata o terreo da imaxinación. Edición especial que recupera o esplendor das ilustracións orixinais deste xenial autor.





Grazas as profes Bibi, Pilar e Adriana  por contarnos estas historias