Amosando publicacións coa etiqueta Actividades biblioteca 1º trimestre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades biblioteca 1º trimestre. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 16, 2019

ACTIVIDADES BIBLIOTECA 1º TRIMESTRE

Como peche do 1º trimestre, realizamos 2 actividades:

Unha dirixida ao alumnado de EI e 1º e 2º de EP, que consistíu en dividir un mapamundi en 10 partes para que cada aula a decorara con material de refugallo. Unha vez rematado, montamos tódalas pezas, para visualizar  o mapa xerado entre todos e facer unha reflexión sobre que o cambio climático é cousa de todos.

Mans á obra!!!

 

Xa casi está!!!





Outra actividade foi a dirixica ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, na que cubrían un documento/proxecto, reflexión a partir da visualización do vídeo de Alan Walker "Different world"
Este traballo terá a súa continuidade no 2º trimestre e vese complementado coas aportacións e materiais que consideramos poden axudar ao alumnado a aclarar conceptos e a unha maior concienciación sobre o cambio climático, e que aparecen  recollidas no seguinte blog , que recomendamos consultar.


https://conexionconvivencia.wixsite.com/bibliotecariadoburgo/proxecto-3o-6o