Amosando publicacións coa etiqueta actividades da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades da biblioteca. Amosar todas as publicacións

luns, marzo 12, 2018

A terceira visita de Brújula ao noso colexio.

Brújula chegou cargada cunha mochila moooooooi grande.

Explicounos que estaban tentando chegar aos Tres Picos do Dragón. Traía unhas palabras máxicas que lle entregou o Mago Alfa e que servían para durmir aos dragóns. As palabras estaban nuns cofres pechados con chave, pero as chaves estaban agachadas polo cole e tivemos que saír da clase na súa procura.

Resultado de imagen de dragón chino

Finalmente conseguimos atopar todas as chaves e abrimos os 4 cofres.
Dentro estaban as palabras para durmir aos dragóns, pero para poder ler as palabras precisamos da linterna máxica que tiña Brúxula, porque no papel non se vían as letras.

Ademais, conseguimos 400 metros de escalada ! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita.




venres, marzo 02, 2018

A segunda visita de Brújula ao noso colexio.

Brújula entrou nas nosas clases a gran velocidade.
O paraugas que lle dera o Mago Alfa estaba roto e por iso estivo perdida no espazo.
A súa maleta pesaba moito e entre tod@s axudámoslle a levantala.
Tróuxonos como agasallo UNHA CONSTELACIÓN! ! ! Pero perdeu as estrelas. . . 
Algunhas das estrelas perdidas apareceron no rosco dos acertixos, outras no seu pelo. . .
Xunt@s conseguimos formar a constelación, é xenial traballar en equipo! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da visita de Brúxula en 1º e 2º de Educación Primaria.



E agora os mellores momentos do paso de Brújula polas clases de 4 e 5 anos de Educación Infantil.


venres, abril 29, 2016

EN UN LUGAR DE LA MANCHA....



Durante a semana do libro a nosa biblioteca converteuse nun lugar da Mancha.
A xornada transcorreu dun modo moi ameno e gran parte do alumnado demostrou non só o entusiasmo que lles suscita   este simbólico e emotivo acto, senón tamén o gran nivel de lectura que hai no colexio, acompañada moitas veces de dramatización na mesma. 



 Desde a biblioteca queremos agradecer non só aos alumnos lectores e dramaturgos senón aqueles que os escoitaron atentamente, grazas a todos.

Seguiremos fomentando a lectura:Para iso seleccionarase unha metodoloxía activa e participativa que contará con todos os medios ao alcance do centro.
Entre os nosos obxectivos hoxe destacamos estes:

  •  facer da biblioteca un lugar de encontro e un espazo de comunicación para os nosos alumnos/as, amantes das letras, a conversación, a reflexión, o humor, a tenrura...
  • Facilitar estratexias para poder espertar no alumno/a o interese pola lectura e escritura recreativa, pracenteira, de goce... 








xoves, abril 21, 2016

LECTURA NO PATIO.


O gusto pola lectura debe de ser desenvolvido durante as primeiras etapas da vida , para que aprenda a concibir a lectura como unha maneira distinta de coñecer sobre a súa contorna, de comprendela e poder transformala.

Hoxe saímos o patio a facer esa lectura, acompañados do noso padriño/madriña lector.

O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia sinxela posta en marcha para o fomento da lectura, pero que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que os pretendidos inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. E é que con esta actividade créanse uns lazos afectivos que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente.

Chamamos padriños e madriñas aos nenos e as nenas dun curso de primaria que voluntariamente len contos,  a nenos e nenas de educación infantil ou dos cursos baixos de primaria.