venres, xuño 07, 2019

A NOSA AVENTURA POR EXIPTO


Este curso desfrutamos moito aprendendo sobre Exipto, aquí tedes un resumo desta aventura, estade atentos e atentas porque ao final do video espéravos unha sorpresa!!!!





xoves, xuño 06, 2019

Pirámide escalonada de Zóser

Conseguimos tódolos retos!!!!
O último reto que nos propuxeron Drilo e Abayomi foi construir entre todos a pirámide escalonada de Zóser. Este foi o resultado.

mércores, xuño 05, 2019

ROBOTS EN EXIPTO!!!!

Os nenos e nenas de 3º de Primaria prepararon uns taboleiros xeniais sobre Exipto para xogar cos escornabots.  Estes Xogos e robots, estarán na biblioteca do colexio para que todos e todas poidades desfrutar con eles.

Pero para que saibades como utilizalos, aquí tedes dous videos onde se explica como xogar con estes taboleiros.