xoves, novembro 28, 2019

Consellos sobre medio ambiente na radio

Consellos sobre o medio ambiente (28/11/20) O alumnado do noso colexio está moi concienciado coa conservación do medio ambiente e é por iso que os compañeiros de 1ºB elaboraron unha serie de consellos que comparten con todos e que resultarán moi útiles

luns, novembro 18, 2019

Novas adquisicións



Formación de usuarios


Como todos os anos, levamos a cabo a formación de usuarios. Este curso levámola a cabo máis tarde xa que a biblioteca estivo en obras. Temos moito profesorado novo, polo que levamos a cabo unha primeira sesión con todo o profesorado na que mostramos a presentación elaborada polo equipo da biblioteca e diseñamos unha serie de actividades para que cada titor as leve a cabo co seu grupo de nenos/as.

Aquí vos deixamos a presentación.


 Algunhas fotos da sesión de formación de usuarios co equipo docente:





As actividades que levaron a cabo cos seus grupo de nenos/as foron:

- Ver a presentción en powetpoint e ir explicando  dúbidas. Nesta presentación explícase como está organizada a biblioteca, a clasificación por cores, etiquetas indicando a temática...

- Facilítase un listado de libros que terán que ir localizando na biblioteca por un grupo de nenos/as.

- Outro grupo de nenos/as terá que volver a colocar eses libros no lugar correspondente.

Aquí deixamos algunha foto da actividade.



xoves, novembro 14, 2019

Dragona Ramona

O xoves 14 de novembro, @s nenos e nenas de EI, disfrutaron na biblioteca cunha sesión de contacontos coa Dragona Ramona. Nesta ocasión contounos o conto de Cómo encender a un dragón apagado.






mércores, novembro 06, 2019

NOVAS ADQUISICIÓNS "O CAMBIO CLIMÁTICO"

Aquí presentamos todos os libros que se adquiriron con relación ao PDI "O cambio climático"

Semana escornabótica

Do día 28 de outubro ao 1 de novembro celebramos a semana escornabótica. Cada curso, na hora que ten de biblioteca, xogou cos taboleiros que nos deixou Nali.
Son dous taboleiros, un para EI e outro para EP 

Pasárono xenial!!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos.











luns, novembro 04, 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están circulando as mochilas viaxeiras. Esperamos que vos gusten e as disfrutedes moito.
Se tedes algunha suxestión, non dubidedes en comentárnola.

domingo, novembro 03, 2019

INICIAMOS O CONTO COOPERATIVO

Dende 4º de EI ata  4º de EP, puxémonos man á obra para elaborar un conto entre todos.
Como o conseguimos?
Un curso comeza unha historia, que escribe e ilustra nunha cartolina A3. Unha vez rematada, pásallo a outro grupo, que a continúa, e así ata pasar por tódalas clases e formar un conto inédito no que participamos todos.
Aquí podedes ver a primeira páxina no conto, que estará rematado para ser presentado na biblioteca no Día do Libro.