Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións

martes, abril 03, 2018

Concurso: un conto de Hans Christian Andersen en cómic

     Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic».

PARA PARTICIPAR:

1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca.
2. Escoller un libro de Hans Cristian Andersen que o/a participante lera e que lle guste especialmente.
3. Debuxalo en forma de viñetas. Non menos de catro viñetas, non máis de doce viñetas co formato dun cómic: globos de texto, epígrafes, etc, nun máximo de 3 follas (Din-A4).
4. Os traballos poden presentarse individual ou colectivamente.
5. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores/as: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar, así como o nome do profesor/a ou bibliotecario/a, o nome, dirección e teléfono do centro e un correo electrónico de contacto.
6. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso, segundo o seu bo criterio, e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou por correo electrónico antes do día 23 de abril xa que o día dous de abril cae en época de vacacións, aos seguintes enderezos, segundo a súa residencia e o ámbito lingüístico no que participe.

▪ Consejo General del Libro Infantil y Juvenil. c/Santiago Rusiñol, • 8.28040 Madrid. secretaria@consejodellibro.org
▪ Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil- ClijCAT. c/Mallorca, 272-274. 08037 Barcelona clijcat@clijcat.cat
 ▪ Galtzagorri Elkartea. Pza. Zemoriya, 25 bajo. 20013 Donosti. galtzagorri@galtzagorri.eus
▪ Gálix. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. galix@galix.org
 ▪ OEPLI. concursodiainternacional@oepli.org

7. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico: Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria) Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria) Superlectores (1º e 2º de Secundaria).
8. Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para os/as premiados/as e para a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
9. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións da OEPLI.
10. O ditame do Premio terá lugar no mes de maio, antes do día 21 e a entrega dos premios celebrarase na data e no lugar que acorden cada unha das sección da OEPLI.
11. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez resolto o concurso. A OEPLI e as súas seccións poderán empregar os debuxos gañadores en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que isto dea dereito a retribución algunha para os/as concursantes.
12. A participación no concurso supón a autorización dos/as pais/nais e titores dos/as menores para que os debuxos poidan ser difundidos a través das redes sociais e da páxina web da OEPLI e das diferentes seccións territoriais.
13. A presentación dos orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas presentes bases

Aqui podedes consultar o enlace á información oficial da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil.

ENLACE

mércores, marzo 28, 2018

Fomentando o gusto pola lectura

Os maiores do colexio fomentan o gusto pola lectura no alumnado de menor idade.
Por iso, periódicamente visitan as aulas dende 3 anos ata 1º de Educación Primaria contándolles historias cheas de aventuras, fantasía e maxia. Historias que os transportan a mundos lonxanos e os convidan a voar coa imaxinación.




Aproveitamos a ocasión para lembrar o importante que é para os máis pequenos que lles conten contos.


luns, marzo 12, 2018

A terceira visita de Brújula ao noso colexio.

Brújula chegou cargada cunha mochila moooooooi grande.

Explicounos que estaban tentando chegar aos Tres Picos do Dragón. Traía unhas palabras máxicas que lle entregou o Mago Alfa e que servían para durmir aos dragóns. As palabras estaban nuns cofres pechados con chave, pero as chaves estaban agachadas polo cole e tivemos que saír da clase na súa procura.

Resultado de imagen de dragón chino

Finalmente conseguimos atopar todas as chaves e abrimos os 4 cofres.
Dentro estaban as palabras para durmir aos dragóns, pero para poder ler as palabras precisamos da linterna máxica que tiña Brúxula, porque no papel non se vían as letras.

Ademais, conseguimos 400 metros de escalada ! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita.




venres, marzo 02, 2018

A segunda visita de Brújula ao noso colexio.

Brújula entrou nas nosas clases a gran velocidade.
O paraugas que lle dera o Mago Alfa estaba roto e por iso estivo perdida no espazo.
A súa maleta pesaba moito e entre tod@s axudámoslle a levantala.
Tróuxonos como agasallo UNHA CONSTELACIÓN! ! ! Pero perdeu as estrelas. . . 
Algunhas das estrelas perdidas apareceron no rosco dos acertixos, outras no seu pelo. . .
Xunt@s conseguimos formar a constelación, é xenial traballar en equipo! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da visita de Brúxula en 1º e 2º de Educación Primaria.



E agora os mellores momentos do paso de Brújula polas clases de 4 e 5 anos de Educación Infantil.


domingo, febreiro 18, 2018

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES.

O alumnado de 6º curso baixa ás aulas dos máis pequeniños e pequeniñas co colexio a lerlles contos.

Abre un libro, lee y… te maravillarás (ilustración de Ines Huni) 

Son momentos máxicos nos que pequen@s e maiores desfrutan por igual.





sábado, decembro 09, 2017

Contacontos coa Dragona Ramona en decembro nas Bibliotecas municipais de Culleredo.

15 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA CARDESO LIÑARES DE VILABOA.
CONTO: O Papón. Pablo Albo. OQO Editora.
HORA: 18:30
Para nen@s a partir de 3 anos

Resultado de imagen de la dragona ramona



29 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS DO BURGO
CONTO: O Papón. Pablo Albo. OQO Editora.
HORA: 18:30
Para nen@s a partir de 3 anos


Resultado de imagen de O papón

domingo, novembro 26, 2017

Illa Fantasía, a Escola do Unicornio.

    O Proxecto "Illa Fantasía, a Escola do Unicornio" é un proxecto de animación á lectoescritura que xurde no CEIP Sada y sus contornos, no que actualmente participa alumnado de distintos centros de Culleredo e no que colabora o noso Concello.

     As clases de 4 e 5 anos e de 1º e 2º de Educación Primaria mergulláronse nesta aventura cargada de maxia e recibiron a visita da bruxa Brúxula recén chegada da Illa Fantasía.

    Brúxula contounos moitísimas cousas, como por exemplo que ten 172 anos (ainda que se conserva estupendamente! ! !), que vive nunha pagoda de cinco pisos, falounos do problema da Escola do Unicornio, das cousas importantes que leva dentro da súa maleta, das viaxes de You You Tu, ensinounos a situar os puntos cardinais coa axuda dun compás e cuns unicornios que nos trouxo, e amosounos o seu amuleto feito con pedras máxicas. Agora tócanos a nós facer os nosos amuletos! ! !

    Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita de Brúxula.

martes, novembro 21, 2017

Visita da DRAGONA RAMONA

    O alumnado de Educación Infantil recibiu a semana pasada a visita da DRAGONA RAMONA que nos agasallou contándonos a historia de CARABUÑAS, un conto de OQO EDITORA escrito por Margarita Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi.


    A continuación podedes ver  unha escolma de fotos da visita.



    A DRAGONA RAMONA convidounos a visitala coas nosas familias na BIBLIOTECA  GONZÁLEZ GARCÉS do Burgo ou na BIBLIOTECA CARDESO LIÑARES de Vilaboa.

    Este  venres 24 de novembro na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa  ás 18:30 h. temos unha sesión de contacontos coa DRAGONA RAMONA, onde podemos ir acompañad@s das nosas familias e escoitar o conto ROSA CARAMELO. Este conto é axeitado para nen@s a partir de 3 anos e a entrada é libre.