Amosando publicacións coa etiqueta Encontros cos autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontros cos autores. Amosar todas as publicacións

martes, maio 10, 2016

ERICA ESMORIS



 Hoxe tivemos o pracer de coñecer a escritora de "Nena e o mar", despois de ler e desfrutar coa lectura durante os  plan lectores, Erica veu ao noso colexio a falar do libro e a coñecernos. Nos entregámoslle un libro feito cos nosos debuxos, poesías, preguntras.... Erica asinou os nosos libros con adicatoria para cada un de nós. MOITAS GRAZAS!!!!!

Érica Esmorís (A Coruña, 1977). Naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro; e Ulises e as cronoamigas (2015). Gañou o Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015).

 Aquí tedes unha escolma da visita.

xoves, abril 21, 2016

Hoxe coñecemos un ILUSTRADOR GALEGO





Este señor é Xosé Cobas. Naceu en Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953

Pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo as súas obras en distintas galerías e centros de arte de España, Europa e Latinoamérica. Os seus inicios na ilustración foron en prensa diaria. A finais dos 80 comezou a traballar como ilustrador de literatura infantil e xuvenil. Desde 1991 é deseñador gráfico da Deputación da Coruña. Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun centenar de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.

 Estes son dous exemplos de libros ilustrados por Xosé Cobas.
Se queres saber máis sobre Xosé pincha enriba do seu nome.


MOITAS GRAZAS ¡¡ por vir o noso colexio, e pasar con nós este día tan especial adicado a lectura.
Seguiremos emocionándonos cos teus debuxos, obras pictóricas, esculturas......

martes, outubro 27, 2015

Parabéns Ledicia Costas


A escritora galega Ledicia Costas foi galardonada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela Escarlatina, a cociñeira defunta, segundo informou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Así mesmo, o xurado premiou a súa obra por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor aglaiante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».

  O noso colexio tivo o pracer de coñecela en persoa. Limos o libro e gozamos coas aventuras. Por iso, decidimos facer estes traballos tan maravillosos. A Leticia lle encantaron.







Esta é a súa dedicatoria


Estamos desexando que publique máis obras para lelas .