Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

venres, outubro 23, 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro, día das bibliotecas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema Bibliotecas, sempre ao teu carón céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia".


Este curso 2020/2021, o lema elexido para as bibliotecas escolares é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Este lema convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

Para acadar isto,  co noso PDI imos dar "Unha volta polo mundo". Quen queira acompañarnos estades convidados. Para introducilo na comunidade educativa  fixemos esta presentación.









martes, outubro 29, 2019

Día das bibliotecas escolares

Celebramos este día abrindo a nosa biblioteca. Aínda que non está rematada, xa estamos no novo espazo.
Encantounos a nova biblioteca!!! É moito máis grande e o chan de madeira!!!

Ademáis tiñamos unha sorpresa que nos deixou Nali, uns taboleiros para xogar cos escornabots onde aparecen os seus amigos, todos son animais en perigo de extinción por causa do cambio climático!!!





Decidimos coñecer algo destes animais así que cada curso investigará sobre un deles.