martes, febreiro 16, 2016

24 de Febreiro, DÍA DE ROSALÍA

Unha das datas do "calendario da lectura" en Galicia é o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.Calquera momento do ano é bo para achegarse á escritora, pero na Biblioteca Escolar do CEIP Alexandre Bóveda, de Chapela-Redondela (Pontevedra), aproveitan para recompilar materiais e realizar propostas ao alumnado, abrindo novas vías para dar a coñecer a súa obra. Elaboraron unha guía que titulan RABUÑANDO CANTARES na que podemos atopar as distintas edicións dos libros de Rosalía que poden resultar máis próximos ás nenas e aos nenos, así como discos de diferentes autores que versionaron os seus poemas ou lle dedicaron as súas creacións. Contén propostas de actividades para os distintos ciclos de ensino infantil e primaria e unha selección de recursos electrónicos para ampliar a mirada sobre esta autora clave da nosa literatura e do noso universo cultural, polo que é tan necesario axudar a camiñar aos máis novos, ás máis novas. Parabéns á "caracola Tola" e a todo o seu equipo No noso cole imos facer un "lidup" do libro Rosalía pequeniña(está escrito por Uxía cunha música de Magín Blanco),imos participar todo o cole.Estamos moi ilusionados coa experiencia, cando a rematemos a colgaremos no blog. Deixo uns edilim fermosos que atopei, grazas a súas autoras por compartir . Con eles podedes aprender máis da nosa querida Rosalia, ademais de pasar un bo rato. ROSALÍA DE CASTRO --Object------------ Se queres aprender,ler, saber ou escoitar cancións e poemas. Achégate a nosa biblioteca e atoparás moitos libros interesantes.