xoves, marzo 31, 2016
luns, marzo 07, 2016
8 MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Dende a Biblioteca do noso cole, imos recordar algunhas das escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil.
Aquí van as imaxes dalgúns dos seu libros. Se queredes saber máis destas autoras, investigade, lembrade que a biblioteca é un lugar de investigación, experimentación.
A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras
- Fina Casalderrey
- Helena Villar Janeiro
- Paula Carballeira
- Ledicia Costas
- Andrea Barreira Freije
- Lola González
- Mar Guerra Cid
- Teresa González Costa
- Érica Esmorís
SABÍAS QUE....
Un estudo identifica máis de 150 escritoras na Galicia do século XIX (artigo de La Voz de Galicia, marzo 2015)
Rosalía, Pardo Bazán e Concepción Arenal son hoxe as máis coñecidas
Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán
e Concepción Arenal son as tres escritoras galegas máis coñecidas do
século XIX. A investigación especializada destacou outras. E un estudo
agora publicado polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento,
centro de investigación de carácter mixto do Consejo Superior de
Investigaciones Científicas e da Xunta, identifica máis de 150, a
maioría galegas que publicaron en Galicia ou en enclaves da emigración, e
algunhas foráneas difundidas en Galicia.
«No século XIX, que unha muller
editase un libro era moi complicado», afirma Carlos Andrés González Paz,
editor desta monografía. Porén, «as escritoras que querían publicar
tiveron dous aliados excelentes: o liberalismo político, que favoreceu o
acceso das mulleres á escrita pública; e a prensa, pois comezan a ser
publicados xornais, mesmo en poboacións pequenas, que incorporaban os
seus textos», explica.
Unha das escritoras máis recoñecidas
nesa altura foi a coruñesa Emilia Calé, que publicou unha inxente
produción, en castelán, entre 1860 e 1900, en parte co pseudónimo
Esperanza; pertenceu á Real Academia Galega e destacou como «poeta,
novelista, dramaturga, ensaísta», indica Aurora Marco, autora desa
entrada. Ou a ourensá Filomena Dato, «varias veces laureada en certames
literarios e xogos florais», acrecenta esta investigadora. Ou sor María
Antonia de Jesús, escritora mística, de Cuntis, estudada por Laura
Blanco, por citar tres exemplos.
domingo, marzo 06, 2016
ACTIVIDADES DE MARZO NAS BIBLIOTECAS DE CULLEREDO
BIBLIOTECAS
TERTULIAS
MÉRCORES 9 DE MARZO
Biblioteca “Xosé Cardeso Liñares” de Vilaboa. 11.30 h: Tertulia de Historia: Mulleres na historia de Culleredo: Os oficios artesanais, a cargo de Carlos Pereira Martínez. Enmarcado nos actos do Día da Muller Traballadora. Entrada libre.
XOVES 10 DE MARZO
Biblioteca “Xosé Cardeso Liñares” de Vilaboa. 19.30 h: Tertulia de Arte: Ciclo A mitoloxía na arte, a cargo da pintora Luisa Valdés. Entrada libre.
CONTACONTOS
VENRES 11 DE MARZO
Biblioteca “Xosé Cardeso Liñares” de Vilaboa. 18.30 h: Contacontos en inglés: Spot goes to the farm. Nenos/as a partir de 4 anos. Entrada libre.
martes, febreiro 16, 2016
24 de Febreiro, DÍA DE ROSALÍA
Unha das datas do "calendario da lectura" en Galicia é o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.Calquera momento do ano é bo para achegarse á escritora, pero na Biblioteca Escolar do CEIP Alexandre Bóveda, de Chapela-Redondela (Pontevedra), aproveitan para recompilar materiais e realizar propostas ao alumnado, abrindo novas vías para dar a coñecer a súa obra. Elaboraron unha guía que titulan RABUÑANDO CANTARES na que podemos atopar as distintas edicións dos libros de Rosalía que poden resultar máis próximos ás nenas e aos nenos, así como discos de diferentes autores que versionaron os seus poemas ou lle dedicaron as súas creacións. Contén propostas de actividades para os distintos ciclos de ensino infantil e primaria e unha selección de recursos electrónicos para ampliar a mirada sobre esta autora clave da nosa literatura e do noso universo cultural, polo que é tan necesario axudar a camiñar aos máis novos, ás máis novas. Parabéns á "caracola Tola" e a todo o seu equipo
No noso cole imos facer un "lidup" do libro Rosalía pequeniña(está escrito por Uxía cunha música de Magín Blanco),imos participar todo o cole.Estamos moi ilusionados coa experiencia, cando a rematemos a colgaremos no blog.
Deixo uns edilim fermosos que atopei, grazas a súas autoras por compartir . Con eles podedes aprender máis da nosa querida Rosalia, ademais de pasar un bo rato.
ROSALÍA DE CASTRO
--Object------------
Se queres aprender,ler, saber ou escoitar cancións e poemas. Achégate a nosa biblioteca e atoparás moitos libros interesantes.
martes, xaneiro 19, 2016
martes, xaneiro 12, 2016
En xaneiro abrígate con dúas capas e un sombreiro (refraneiro popular)
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: Oso cazabolboretas.
Entrada libre a partir de 3 anos.
MÉRCORES 13 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 11.30 h:
Tertulia de Historia, a cargo de Carlos Pereira Martínez, historiador do Concello de Culleredo: Culleredo na Idade Media. Entrada libre.
VENRES 15 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contos en inglés: The gingerbread man.
Entrada libre a partir de 4 anos.
VENRES 15 DE XANEIRO
Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo. 20.00 h:
Inauguración da exposición fotográfica 24º edición de Galicia en Foco, do Club de Prensa de Ferrol.
Do 15 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2016.
martes, decembro 15, 2015
O MELLOR AGASALLO... UN LIBRO
SUXESTIÓNS DE CONTOS PARA AGASALLAR NO NADAL:
· Educación Infantil:
ü "O
señor corpo quere xogar" Alicia
Borrás Sanjurjo. Ed. Xerais
ü "E ti que
farías por min" Fina Casalderrey. Ed.Xerais.
ü "As noites de
Xián" Concha Blanco. Ed. Xerais.
ü "Cocorico"
Marisa Núñez. OQO Editora.
ü "O soño do
osiño Rosa" Roberto Aliaga. OQO Editora.
ü "A tartaruga
que quería durmir" Roberto Aliaga. OQO Editora.
ü "Augusta e os
seus medos" Sabela Fernández Trelles.Ed Xerais.
ü "Grisela"
Anke de Vries. Factoria K de libros.
ü "Que che gustaría
ser?" Arianna Papini. Ed.Kalandraka.
ü "Adivina cuanto
te quiero" Sam McBratney. Ed. Kókinos.
ü "Que tal
estás?" Anthony Browne. Ed. Kalandraka.
ü "Unha machea
de bicos" Antonia Rodenas. Ed. Xerais.
· 1º nivel de Educación Primaria:
ü "O bigote de
Mimí" Manuel María. Fundación Manuel María.
ü "La Durmiente"
María Teresa Andruetto.
ü "El coche de
carreras" Helme Heine.
ü "Cantarolas"
Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda. Ed.Xerais.
ü "27 historias
para tomar a sopa" Ursula Wölfel. Kalandraka.
· 2ª nivel de Educación Primaria:
ü "A casa da
duna" Fran Alonso. Ed. Xerais.
ü "Canta o cuco"
Uxía e Magín na casa de Manuel María. Ilustracións de Leandro Lamas. Libro
disco Sonárbore. Ed. Galaxia.
· 3ª nivel de Educación Primaria:
ü "Colección
Pizca de Sal" Editorial Anaya. (Máis de 8 anos)
ü "Nube y los
niños" Eliacer Cansino. Ed. Anaya.
ü "Los superhéroes
no lloran" Manuel L. Alonso. Ed. Anaya.
ü "As viaxes de
Ruki" Ramón Caride. Ed. Xerais.
ü "O
trompetista e a lúa" Xelis de Toro. Ed. Xerais.
· 4ªnivel de Educación Primaria:
ü "Rubicundo"
María Canosa. Colección Merlín. Ed. Xerais.
ü "Ti non
xogas!" Silvestre Gómez Xurxo. Merlín. Xerais.
ü "Os soños na
Gaiola" Manuel María. Ed Xerais.
· 5º e 6ª nivel de Educación Primaria:
ü "Nena e o mar"
Érica Esmorís. Ed. Xerais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











