Brújula chegou cargada cunha mochila moooooooi grande.
Explicounos que estaban tentando chegar aos Tres Picos do Dragón. Traía unhas palabras máxicas que lle entregou o Mago Alfa e que servían para durmir aos dragóns. As palabras estaban nuns cofres pechados con chave, pero as chaves estaban agachadas polo cole e tivemos que saír da clase na súa procura.
Finalmente conseguimos atopar todas as chaves e abrimos os 4 cofres.
Dentro estaban as palabras para durmir aos dragóns, pero para poder ler as palabras precisamos da linterna máxica que tiña Brúxula, porque no papel non se vían as letras.
Ademais, conseguimos 400 metros de escalada ! ! !
Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita.
O 24 de febreiro está recollido no calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega, unha muller que se amosa actual e poderosa.
Este ano, por coincidir en fin de semana, trasladamos a celebración ao luns 26 de febreiro. Reunímonos no patio onde Rosalía cobrou vida nas voces dos nenos e nenas a través de recitais, lecturas compartidas, etc.
Decoramos as escaleiras principais do noso colexio cos seus versos para que nos acompañen todos os días do ano.
Despedimos a entrada adicada a esta muller innovadora, comprometida e adiantada ao seu tempo, con tres fermosos vídeos.