luns, setembro 23, 2019

ACTIVIDADES MOTIVADORAS

CAIXAS SORPRESA!!!
Chegaron ás nosas clases unhas caixas sorpresa!!!
No seu interior había unhas imaxes sorprendentes. Cal será o motivo polo que chegaron estas caixas a tódalas clases? Quen as mandará?
Seguro que pronto o descubrimos!!!




DIFFERENT WORLD

Despois de recibir esta caixa, en todos os cursos vimos o vídeo de Alan Walker "Different world", que tamén ten imaxes impactantes.. Foi con este vídeo, como descubrimos a temática do PDI deste curso "O CAMBIO CLIMÁTICO"


Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver o vídeo:

https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=y_WW4i1yEq0


venres, xullo 05, 2019

PASAPALABRA

Drilo e Abayomi propuxéronnos xogar ao pasapalabra. Despois de traballar na clase co vocabulario de Exipto, xa estamos listos. Xogamos tódalas clases.


venres, xuño 07, 2019

A NOSA AVENTURA POR EXIPTO


Este curso desfrutamos moito aprendendo sobre Exipto, aquí tedes un resumo desta aventura, estade atentos e atentas porque ao final do video espéravos unha sorpresa!!!!





xoves, xuño 06, 2019

Pirámide escalonada de Zóser

Conseguimos tódolos retos!!!!
O último reto que nos propuxeron Drilo e Abayomi foi construir entre todos a pirámide escalonada de Zóser. Este foi o resultado.

mércores, xuño 05, 2019

ROBOTS EN EXIPTO!!!!

Os nenos e nenas de 3º de Primaria prepararon uns taboleiros xeniais sobre Exipto para xogar cos escornabots.  Estes Xogos e robots, estarán na biblioteca do colexio para que todos e todas poidades desfrutar con eles.

Pero para que saibades como utilizalos, aquí tedes dous videos onde se explica como xogar con estes taboleiros.







martes, maio 28, 2019

ANIMAIS EXIPCIOS

Foron os/as nenos/as de 4º de EI os que investigaron os animais exipcios. Despois de buscar animais nos libros da biblioteca, inventaron adiviñas para os mesmos. O resultado foi un taboleiro para xogar co escornabots. Como axuda para ler, utilizaron un boli especial, o Anybook.



mércores, maio 08, 2019

COMO BUSCAR NA REDE

Ola de novo!! Aquí vos deixamos unha guía con consellos para buscar na rede, esperamos que sexa de utilidade.



Descargar a presentación: http://cort.as/-HpfQ