O escribano palustre é un dos animais que está en perigo de extinción. Os nenos/as de 1º de EP móstrannos o que investigaron sobre eses paxariños.
Mirade que profesionais!!!
Enlace ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=T99wBUHXVTU&feature=youtu.be
luns, febreiro 03, 2020
domingo, febreiro 02, 2020
DÍA DA PAZ: "Wangari y los árboles de la Paz"
Para celebrar o día da Paz eleximos o libro "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ", unha historia de superación e loita por salvar a terra. A Wangari, coñecida coma "Muller árbore", concedéronlle o premio Novel da Paz no ano 2004 pola súa contribución á paz mundial a través do Movemento do Cinturón Verde.
O alumnado de 4º de EP preparou un audio con imaxes traducindo ao galego o libro para que o día da Paz todo o alumnado puidese escoitar o conto no noso idioma na hora de ler.
Fixérono xenial!!
O alumnado de 4º de EP preparou un audio con imaxes traducindo ao galego o libro para que o día da Paz todo o alumnado puidese escoitar o conto no noso idioma na hora de ler.
Fixérono xenial!!
A ÁRBORE DA PAZ
Fixemos a nosa árbore basándonos no libro de Wangari e todas as clases colaboraron decorándoa con pombas feitas de material de refugallo, imaxes de animais en perigo de extinción, mans decoradas e imaxes da natureza que transmiten paz.
Este foi o resultado:
Este foi o resultado:
martes, decembro 17, 2019
KAMISHIBAI
Despois de que cada curso investigou sobre un animal en perigo de extinción, reunimos toda a información. Foron os/as nenos/as de 5º de EP os encargados de preparar un kamishibai con toda esa información, para poder presentala a todo o alumnado.
Aquí vos deixamos o resultado!!!
luns, decembro 16, 2019
ACTIVIDADES BIBLIOTECA 1º TRIMESTRE
Como peche do 1º trimestre, realizamos 2 actividades:
Unha dirixida ao alumnado de EI e 1º e 2º de EP, que consistíu en dividir un mapamundi en 10 partes para que cada aula a decorara con material de refugallo. Unha vez rematado, montamos tódalas pezas, para visualizar o mapa xerado entre todos e facer unha reflexión sobre que o cambio climático é cousa de todos.
Mans á obra!!!
Xa casi está!!!

Outra actividade foi a dirixica ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, na que cubrían un documento/proxecto, reflexión a partir da visualización do vídeo de Alan Walker "Different world"
Este traballo terá a súa continuidade no 2º trimestre e vese complementado coas aportacións e materiais que consideramos poden axudar ao alumnado a aclarar conceptos e a unha maior concienciación sobre o cambio climático, e que aparecen recollidas no seguinte blog , que recomendamos consultar.
https://conexionconvivencia.wixsite.com/bibliotecariadoburgo/proxecto-3o-6o

martes, decembro 10, 2019
PASAPORTE LECTOR
Continuamos a actividade dos pasaportes lectores xa que tivo moito éxito o curso pasado.
Nenos e nenas voluntarios
irán cubrindo o pasaporte cos títulos dos libros que len. Os titores e titoras encárganse de colocar un cuño en cada libro lido. Unha vez cuberto o pasaporte, acuden con él á biblioteca, onde recibirán un agasallo.
Aquí están os primeiros en recibir os seus agasallos!!!
Nenos e nenas voluntarios
Aquí están os primeiros en recibir os seus agasallos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)