luns, marzo 02, 2020

Manual básico de uso de radio

Presentamos este manual básico de uso da radio para facilitar o seu uso  tanto por parte d@s nen@s como dos mestres e mestras. 
Esperamos que vos sirva de axuda.

Laboratorio de radio

O laboratorio de radio composto polos xornalistas Sergio Pascual e Lucía Aberrategui, desenvolveu un obradoiro de radio, organizado polo Concello de Cullerdo a través do programa EducaCulleredo . Ao longo das sete sesións o alumnado coñeceu as linguaxes radiofónicas e participou en diferentes dinámicas orientadas a entender os elementos imprescindibles para facer radio: traballo en equipo, escoita activa, cooperación e preparación. De igual modo, coñeceron e puxeron en práctica os procesos de creación dos programas de radio: elaboración de un guión, produción e gravación. Así , un grupo de cuarto de primaria traballou sobre o tema da igualdade e outro, sobre o cambio climático. Ese traballo deu como resultados diferentes relatos sonoros, entrevistas e un programa final. Cómpre destacar que unha das experiencias foi enterxeracional ao contar coa participación das nais que traballaron, xunto co alumnado, para a elaboración de diferentes contidos radiofón icos. Algúns audios xa están dispoñibles 

https://www.ivoox.com/entrevista-rioboo-alcalde-culleredo-audios-mp3_rf_47821051_1.html


martes, febreiro 25, 2020

PÓSTER ENCONTROS PLAMBE

Éste é o noso primeiro ano como centro PLAMBE. Participaremos nos ENCONTROS PLAMBE  que se celebrarán en Santiago. Presentámosvos o cartel que temos preparado para participar.

Descarga Pdf

luns, febreiro 24, 2020

Día de Rosalía

Para traballar o día de Rosalía, 24 de febreiro, e con motivo da participación no concurso “Rosalía sempre viva”, foron moitos os poemas recitados, Un alumno de cada clase, recitou un. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía. Foron elixidos dous alumnos ou alumnas por categoría de participación. Recibiron un agasallo por parte do colexio. Ademais, estes catro alumnos finalistas, acudirán a dito concurso que terá lugar o día 14 de marzo en Outeiro de Rei.

Nas fotos vemos os 4 finalistas recitando os seus poemas.
Recibiron un agasallo por parte do colexio.

Aquí vos deixamos o enlace para que escoitedes aos finalistas.
Fixérono xenial!!!

Enlace concurso

martes, febreiro 18, 2020

CONTO COOPERATIVO

Xa case está rematado o conto que estamos facendo entre todos.
Está xenial!!!



























Día da Muller e a Nena na Ciencia


O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea General de la Naciones Unidas co fin de lograr o acceso e a participación equitativa e plena da ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e a súa participación debe fortalecerse. 

No noso colexio, para conmemorar este día fixemos esta exposición de libros.



xoves, febreiro 13, 2020

Día da radio

Día internacional da radio e 1º aniv. da radio do cole: (13/2/20) Hoxe cumplimos un ano, neste 13 de febreiro, día internacional da radio, alumnado de 1º dedícanos unhas palabras lembrádonos a importancia de celebrar este día.   O equipo de biblioteca elaborou un titorial sobre o uso da radio, que servirá tanto para os/as nenos/as como para o equipo docente.

https://int.search.myway.com/search/video.jhtml?enc=0&n=78673e09&p2=%5EBYL%5Exdm530%5ETTAB03%5Ees&pg=video&pn=1&ptb=01671DC6-BD22-49C7-8B38-0D5417E7E759&qs=&searchfor=Manual+b%C3%A1sico+de+uso+de+radio+escolar&si=&ss=sub&st=bar&tpr=sbt&trs=wtt