martes, febreiro 16, 2016

24 de Febreiro, DÍA DE ROSALÍA

Unha das datas do "calendario da lectura" en Galicia é o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.Calquera momento do ano é bo para achegarse á escritora, pero na Biblioteca Escolar do CEIP Alexandre Bóveda, de Chapela-Redondela (Pontevedra), aproveitan para recompilar materiais e realizar propostas ao alumnado, abrindo novas vías para dar a coñecer a súa obra. Elaboraron unha guía que titulan RABUÑANDO CANTARES na que podemos atopar as distintas edicións dos libros de Rosalía que poden resultar máis próximos ás nenas e aos nenos, así como discos de diferentes autores que versionaron os seus poemas ou lle dedicaron as súas creacións. Contén propostas de actividades para os distintos ciclos de ensino infantil e primaria e unha selección de recursos electrónicos para ampliar a mirada sobre esta autora clave da nosa literatura e do noso universo cultural, polo que é tan necesario axudar a camiñar aos máis novos, ás máis novas. Parabéns á "caracola Tola" e a todo o seu equipo No noso cole imos facer un "lidup" do libro Rosalía pequeniña(está escrito por Uxía cunha música de Magín Blanco),imos participar todo o cole.Estamos moi ilusionados coa experiencia, cando a rematemos a colgaremos no blog. Deixo uns edilim fermosos que atopei, grazas a súas autoras por compartir . Con eles podedes aprender máis da nosa querida Rosalia, ademais de pasar un bo rato. ROSALÍA DE CASTRO --Object------------ Se queres aprender,ler, saber ou escoitar cancións e poemas. Achégate a nosa biblioteca e atoparás moitos libros interesantes.

martes, xaneiro 12, 2016

En xaneiro abrígate con dúas capas e un sombreiro (refraneiro popular)







VENRES 8 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: Oso cazabolboretas.
Entrada libre a partir de 3 anos.

MÉRCORES 13 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 11.30 h:
Tertulia de Historia, a cargo de Carlos Pereira Martínez, historiador do Concello de Culleredo: Culleredo na Idade Media. Entrada libre.

VENRES 15 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contos en inglés: The gingerbread man.
Entrada libre a partir de 4 anos.

VENRES 15 DE XANEIRO
Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo. 20.00 h:
Inauguración da exposición fotográfica 24º edición de Galicia en Foco, do Club de Prensa de Ferrol.
Do 15 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2016.

martes, decembro 15, 2015

O MELLOR AGASALLO... UN LIBRO


SUXESTIÓNS DE CONTOS PARA AGASALLAR NO NADAL:
 Achégase o nadal, tempo para gozar, xogar, ler .... aquí déixovos algunhas recomendacións:

·       Educación Infantil:
ü  "O señor corpo quere xogar" Alicia Borrás Sanjurjo. Ed. Xerais
ü  "E ti que farías por min" Fina Casalderrey. Ed.Xerais.
ü  "As noites de Xián" Concha Blanco. Ed. Xerais.
ü  "Cocorico" Marisa Núñez. OQO Editora.
ü  "O soño do osiño Rosa" Roberto Aliaga. OQO Editora.
ü  "A tartaruga que quería durmir" Roberto Aliaga. OQO Editora.
ü  "Augusta e os seus medos" Sabela Fernández Trelles.Ed Xerais.
ü  "Grisela" Anke de Vries. Factoria K de libros.
ü  "Que che gustaría ser?" Arianna Papini. Ed.Kalandraka.
ü  "Adivina cuanto te quiero" Sam McBratney. Ed. Kókinos.
ü  "Que tal estás?" Anthony Browne. Ed. Kalandraka.
ü  "Unha machea de bicos" Antonia Rodenas. Ed. Xerais.

·       1º nivel de Educación Primaria:
ü  "O bigote de Mimí" Manuel María. Fundación Manuel María.
ü  "La Durmiente" María Teresa Andruetto.
ü  "El coche de carreras" Helme Heine.
ü  "Cantarolas" Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda. Ed.Xerais.
ü  "27 historias para tomar a sopa" Ursula Wölfel. Kalandraka.

·       2ª nivel de Educación Primaria:
ü  "A casa da duna" Fran Alonso. Ed. Xerais.
ü  "Canta o cuco" Uxía e Magín na casa de Manuel María. Ilustracións de Leandro Lamas. Libro disco Sonárbore. Ed. Galaxia.

·       3ª nivel de Educación Primaria:
ü  "Colección Pizca de Sal" Editorial Anaya. (Máis de 8 anos)
ü  "Nube y los niños" Eliacer Cansino. Ed. Anaya.
ü  "Los superhéroes no lloran" Manuel L. Alonso. Ed. Anaya.
ü  "As viaxes de Ruki" Ramón Caride. Ed. Xerais.
ü  "O trompetista e a lúa" Xelis de Toro. Ed. Xerais.

·       4ªnivel de Educación Primaria:
ü  "Rubicundo" María Canosa. Colección Merlín. Ed. Xerais.
ü  "Ti non xogas!" Silvestre Gómez Xurxo. Merlín. Xerais.
ü  "Os soños na Gaiola" Manuel María. Ed Xerais.

·       5º e 6ª nivel de Educación Primaria:
ü  "Nena e o mar" Érica Esmorís. Ed. Xerais.

ü  "Don Quijote" Miguel de Cervantes. Adpatación de Agustín Sánchez. Colección Cucaña. Ed. Vicens Vives.


venres, novembro 27, 2015

A MEMORIA DO NOSO NENO GALEGO




 Hoxe deixounos o escritor dezano Xosé Neira Vilas finou  na súa casa de Gres, Vila de Cruces.








                                                                                            letra : Neira Vilas. música:Manuel R Crespo


   ¡ ¡ ¡ GRAZAS SR. NEIRA VILAS ! ! !


martes, novembro 24, 2015

A DRAGONA RAMONA



A semana pasada, recibimos a visita da Dragona Ramona que nos contou o conto: Quen pode vencer ao vento? .



 Quen pode vencer ao vento? .
 Hai moito tempo,
os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra.
Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo:
o león, a hiena, o elefante, a lebre,
a gacela, o mono, a tartaruga,
mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos.
Un ano houbo una seca enorme.
A calor e o po invadían todo.
No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse.





Todos os nen@s de infantil acudimos a biblioteca do colexio a escoitar o conto con moita atención.
A dragona Ramona as veces, está na biblioteca de Vilaboa, outras na do Burgo.

5º e 6º no contacontos terrorífico


 O alumnado do terceiro ciclo, tivo a sesión do contacontos en inglés, o noso auxiliar de conversa Ryan, escribíu unha terroríca historia de medo que acontecía no noso colexio. Aquí tedes unhas fotos.



Thanks Ryan