Este curso desfrutamos moito aprendendo sobre Exipto, aquí tedes un resumo desta aventura, estade atentos e atentas porque ao final do video espéravos unha sorpresa!!!!
venres, xuño 07, 2019
A NOSA AVENTURA POR EXIPTO
Este curso desfrutamos moito aprendendo sobre Exipto, aquí tedes un resumo desta aventura, estade atentos e atentas porque ao final do video espéravos unha sorpresa!!!!
xoves, xuño 06, 2019
Pirámide escalonada de Zóser
Conseguimos tódolos retos!!!!
O último reto que nos propuxeron Drilo e Abayomi foi construir entre todos a pirámide escalonada de Zóser. Este foi o resultado.
O último reto que nos propuxeron Drilo e Abayomi foi construir entre todos a pirámide escalonada de Zóser. Este foi o resultado.
mércores, xuño 05, 2019
ROBOTS EN EXIPTO!!!!
Os nenos e nenas de 3º de Primaria prepararon uns taboleiros xeniais sobre Exipto para xogar cos escornabots. Estes Xogos e robots, estarán na biblioteca do colexio para que todos e todas poidades desfrutar con eles.
Pero para que saibades como utilizalos, aquí tedes dous videos onde se explica como xogar con estes taboleiros.
Pero para que saibades como utilizalos, aquí tedes dous videos onde se explica como xogar con estes taboleiros.
martes, maio 28, 2019
ANIMAIS EXIPCIOS
Foron os/as nenos/as de 4º de EI os que investigaron os animais exipcios. Despois de buscar animais nos libros da biblioteca, inventaron adiviñas para os mesmos. O resultado foi un taboleiro para xogar co escornabots. Como axuda para ler, utilizaron un boli especial, o Anybook.
mércores, maio 08, 2019
COMO BUSCAR NA REDE
Ola de novo!! Aquí vos deixamos unha guía con consellos para buscar na rede, esperamos que sexa de utilidade.
Descargar a presentación: http://cort.as/-HpfQ
martes, abril 30, 2019
FORMACIÓN USUARIOS
Ola a todos e todas!!!Aquí tedes unha presentación onde podedes ver a nova formación para usuarios da nosa biblioteca.
Nela ides aprender de xeito sinxelo a atopar o libro que busquedes na biblioteca.
Descargar a presentación: http://cort.as/-HpSj
Nela ides aprender de xeito sinxelo a atopar o libro que busquedes na biblioteca.
Descargar a presentación: http://cort.as/-HpSj
venres, abril 26, 2019
NOVAS ADQUISICIÓNS
Este curso na biblioteca temos moitas novidades e novas adquisicións de libros e contos para que poidades desfrutar de todo tipo de lecturas. Aquí vós deixamos as incorporacións que tivemos ata o momento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





