martes, outubro 29, 2019

PLAN ANUAL DE LECTURA

Presentámosvos o Plan Anual de Lectura para dar a coñecer os obxectivos e finalidades do PDI




Día das bibliotecas escolares

Celebramos este día abrindo a nosa biblioteca. Aínda que non está rematada, xa estamos no novo espazo.
Encantounos a nova biblioteca!!! É moito máis grande e o chan de madeira!!!

Ademáis tiñamos unha sorpresa que nos deixou Nali, uns taboleiros para xogar cos escornabots onde aparecen os seus amigos, todos son animais en perigo de extinción por causa do cambio climático!!!





Decidimos coñecer algo destes animais así que cada curso investigará sobre un deles.

domingo, outubro 06, 2019

1ª MENSAXE DE NALI

A tódalas clases chegaron mensaxes en botellas!!!
Quen as manda?
Nada máis e nada menos que un oso polar!!! Pídenos axuda para el e para todos os seus amigos que están en perigo de extinción!!!
Pero... quenes serán os seus amigos?

Este é a carta de Nali que chegou para EI e para EP



domingo, setembro 29, 2019

CALENDARIO: "Cambio climático"

Para visibilizar a nosa responsabilidade co cambio climático, elaboramos este calendario que expoñemos nas nosas aulas.























martes, setembro 24, 2019

ESTAMOS DE MUDANZA

Comezamos o curso coa mudanza da biblioteca para un espazo máis amplio. A colaboración de mestres e mestras foi fundamental para levar a cabo o traslado en menos tempo.











A biblioteca abriuse o día das bibliotecas escolares. Aínda estamos pendientes de mercar novo mobiliario, pero de momento así é como quedou: 







luns, setembro 23, 2019

ACTIVIDADES MOTIVADORAS

CAIXAS SORPRESA!!!
Chegaron ás nosas clases unhas caixas sorpresa!!!
No seu interior había unhas imaxes sorprendentes. Cal será o motivo polo que chegaron estas caixas a tódalas clases? Quen as mandará?
Seguro que pronto o descubrimos!!!




DIFFERENT WORLD

Despois de recibir esta caixa, en todos os cursos vimos o vídeo de Alan Walker "Different world", que tamén ten imaxes impactantes.. Foi con este vídeo, como descubrimos a temática do PDI deste curso "O CAMBIO CLIMÁTICO"


Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver o vídeo:

https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=y_WW4i1yEq0


venres, xullo 05, 2019

PASAPALABRA

Drilo e Abayomi propuxéronnos xogar ao pasapalabra. Despois de traballar na clase co vocabulario de Exipto, xa estamos listos. Xogamos tódalas clases.