martes, outubro 27, 2015

Parabéns Ledicia Costas


A escritora galega Ledicia Costas foi galardonada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela Escarlatina, a cociñeira defunta, segundo informou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Así mesmo, o xurado premiou a súa obra por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor aglaiante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».

  O noso colexio tivo o pracer de coñecela en persoa. Limos o libro e gozamos coas aventuras. Por iso, decidimos facer estes traballos tan maravillosos. A Leticia lle encantaron.







Esta é a súa dedicatoria


Estamos desexando que publique máis obras para lelas .

Tardes de lecer nas bibliotecas do concello e actividades varias



Achégase unha longa fin de semana,aquí deixovos algunha proposta.


VENRES 30 DE OUTUBRO
A Dragona Ramona
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Biblioxogos. As nosas tradicións: Samaín.
Nenos/as a partir de 9 anos, previa inscrición.

VENRES 30 DE OUTUBRO
Conservatorio de Música de Culleredo. 20.30 h.
Teatro do Andamio: A casona. Público adulto. Entrada libre ata completar aforo.

XOVES 5 DE NOVEMBRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 19.30-21.00 h:
Tertulia de Arte: A mitoloxía na Arte. Entrada libre.




VENRES 6 DE NOVEMBRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: Quen pode vencer ao vento?
Nenos/as a partir de 3 anos. Entrada libre (sen pais nin nais).



SÁBADO 7 DE NOVEMBRO
Parque da Torre de Celas. A partir das 18.00 h:
Magosto
GRAN FESTA DO MAGOSTO, con castañas asadas, touciño á brasa, viño novo e queimada. Actuación do “Dúo Compás”. Prezo: 2 € por persoa.

luns, outubro 05, 2015

Benvido Outono!!!!!


A biblioteca Mestre Goldar, dende o recanto de MIK comparte unha morea de recursos interesantes para traballar nesta época do ano. Pincha na foto e descubrirás os recursos.

https://sites.google.com/site/outonomagosto/home

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227


sábado, outubro 03, 2015

Biblioteca escolares " base de exploracións"


Bibliotecas escolares "Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO, e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado. En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe. O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.

Goza nas bibliotecas

Aquí tedes as actividades das bibliotecas do Concello
O Concello de Culleredo publica a programación infantil da Biblioteca Municipal para o trimestre de outubro a decembro. Componse de obradoiros de contos, contacontos coa Dragona Ramona, contos en inglés e biblioxogos.

Un bo lector precisa de ...

Agora so faltas ti