Éste é o noso primeiro ano como centro PLAMBE. Participaremos nos ENCONTROS PLAMBE que se celebrarán en Santiago. Presentámosvos o cartel que temos preparado para participar.
Descarga Pdf
martes, febreiro 25, 2020
luns, febreiro 24, 2020
Día de Rosalía
Para traballar o día de Rosalía, 24 de febreiro, e con motivo da participación no concurso
“Rosalía sempre viva”, foron moitos os poemas recitados, Un alumno de cada clase, recitou un.
Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade a través do
coñecemento e recitado da obra de Rosalía.
Foron elixidos dous alumnos ou alumnas por categoría de participación. Recibiron un agasallo
por parte do colexio.
Ademais, estes catro alumnos finalistas, acudirán a dito concurso que terá lugar o día 14 de
marzo en Outeiro de Rei.
Nas fotos vemos os 4 finalistas recitando os seus poemas.
Recibiron un agasallo por parte do colexio.
Aquí vos deixamos o enlace para que escoitedes aos finalistas.
Fixérono xenial!!!
Enlace concurso
Nas fotos vemos os 4 finalistas recitando os seus poemas.
Recibiron un agasallo por parte do colexio.
Aquí vos deixamos o enlace para que escoitedes aos finalistas.
Fixérono xenial!!!
Enlace concurso
martes, febreiro 18, 2020
Día da Muller e a Nena na Ciencia
O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea General de la Naciones Unidas co fin de lograr o acceso e a participación equitativa e plena da ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e a súa participación debe fortalecerse.
No noso colexio, para conmemorar este día fixemos esta exposición de libros.
xoves, febreiro 13, 2020
Día da radio
Día internacional da radio e 1º aniv. da radio do cole: (13/2/20)
Hoxe cumplimos un ano, neste 13 de febreiro, día internacional da radio, alumnado de 1º dedícanos unhas palabras lembrádonos a importancia de celebrar este día.
O equipo de biblioteca elaborou un titorial sobre o uso da radio, que servirá tanto para os/as nenos/as como para o equipo docente.
https://int.search.myway.com/search/video.jhtml?enc=0&n=78673e09&p2=%5EBYL%5Exdm530%5ETTAB03%5Ees&pg=video&pn=1&ptb=01671DC6-BD22-49C7-8B38-0D5417E7E759&qs=&searchfor=Manual+b%C3%A1sico+de+uso+de+radio+escolar&si=&ss=sub&st=bar&tpr=sbt&trs=wtt

luns, febreiro 03, 2020
Escribano palustre
O escribano palustre é un dos animais que está en perigo de extinción. Os nenos/as de 1º de EP móstrannos o que investigaron sobre eses paxariños.
Mirade que profesionais!!!
Enlace ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=T99wBUHXVTU&feature=youtu.be
Mirade que profesionais!!!
Enlace ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=T99wBUHXVTU&feature=youtu.be
domingo, febreiro 02, 2020
DÍA DA PAZ: "Wangari y los árboles de la Paz"
Para celebrar o día da Paz eleximos o libro "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ", unha historia de superación e loita por salvar a terra. A Wangari, coñecida coma "Muller árbore", concedéronlle o premio Novel da Paz no ano 2004 pola súa contribución á paz mundial a través do Movemento do Cinturón Verde.
O alumnado de 4º de EP preparou un audio con imaxes traducindo ao galego o libro para que o día da Paz todo o alumnado puidese escoitar o conto no noso idioma na hora de ler.
Fixérono xenial!!
O alumnado de 4º de EP preparou un audio con imaxes traducindo ao galego o libro para que o día da Paz todo o alumnado puidese escoitar o conto no noso idioma na hora de ler.
Fixérono xenial!!
A ÁRBORE DA PAZ
Fixemos a nosa árbore basándonos no libro de Wangari e todas as clases colaboraron decorándoa con pombas feitas de material de refugallo, imaxes de animais en perigo de extinción, mans decoradas e imaxes da natureza que transmiten paz.
Este foi o resultado:
Este foi o resultado:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)