luns, decembro 16, 2019
ACTIVIDADES BIBLIOTECA 1º TRIMESTRE
Como peche do 1º trimestre, realizamos 2 actividades:
Unha dirixida ao alumnado de EI e 1º e 2º de EP, que consistíu en dividir un mapamundi en 10 partes para que cada aula a decorara con material de refugallo. Unha vez rematado, montamos tódalas pezas, para visualizar o mapa xerado entre todos e facer unha reflexión sobre que o cambio climático é cousa de todos.
Mans á obra!!!
Xa casi está!!!

Outra actividade foi a dirixica ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, na que cubrían un documento/proxecto, reflexión a partir da visualización do vídeo de Alan Walker "Different world"
Este traballo terá a súa continuidade no 2º trimestre e vese complementado coas aportacións e materiais que consideramos poden axudar ao alumnado a aclarar conceptos e a unha maior concienciación sobre o cambio climático, e que aparecen recollidas no seguinte blog , que recomendamos consultar.
https://conexionconvivencia.wixsite.com/bibliotecariadoburgo/proxecto-3o-6o

martes, decembro 10, 2019
PASAPORTE LECTOR
Continuamos a actividade dos pasaportes lectores xa que tivo moito éxito o curso pasado.
Nenos e nenas voluntarios
irán cubrindo o pasaporte cos títulos dos libros que len. Os titores e titoras encárganse de colocar un cuño en cada libro lido. Unha vez cuberto o pasaporte, acuden con él á biblioteca, onde recibirán un agasallo.
Aquí están os primeiros en recibir os seus agasallos!!!
Nenos e nenas voluntarios
Aquí están os primeiros en recibir os seus agasallos!!!
xoves, novembro 28, 2019
Consellos sobre medio ambiente na radio
Consellos sobre o medio ambiente (28/11/20)
O alumnado do noso colexio está moi concienciado coa conservación do medio ambiente e é por iso que os compañeiros de 1ºB elaboraron unha serie de consellos que comparten con todos e que resultarán moi útiles
luns, novembro 18, 2019
Formación de usuarios
Como todos os anos, levamos a cabo a formación de usuarios. Este curso levámola a cabo máis tarde xa que a biblioteca estivo en obras. Temos moito profesorado novo, polo que levamos a cabo unha primeira sesión con todo o profesorado na que mostramos a presentación elaborada polo equipo da biblioteca e diseñamos unha serie de actividades para que cada titor as leve a cabo co seu grupo de nenos/as.
Aquí vos deixamos a presentación.
Algunhas fotos da sesión de formación de usuarios co equipo docente:
As actividades que levaron a cabo cos seus grupo de nenos/as foron:
- Ver a presentción en powetpoint e ir explicando dúbidas. Nesta presentación explícase como está organizada a biblioteca, a clasificación por cores, etiquetas indicando a temática...
- Facilítase un listado de libros que terán que ir localizando na biblioteca por un grupo de nenos/as.
- Outro grupo de nenos/as terá que volver a colocar eses libros no lugar correspondente.
Aquí deixamos algunha foto da actividade.
-
xoves, novembro 14, 2019
Dragona Ramona
O xoves 14 de novembro, @s nenos e nenas de EI, disfrutaron na biblioteca cunha sesión de contacontos coa Dragona Ramona. Nesta ocasión contounos o conto de Cómo encender a un dragón apagado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)