sábado, marzo 21, 2020

Quédate en casa

Bos días!!!

Aínda que estamos na casa, seguimos co noso traballo. Dende Bibliocolorines, para estes días, e en relación co noso PDI "O cambio climático", propoñémosvos que nos enviedes fotos por correo electrónico sobre impactos medioambientais feitos polas persoas. A cada unha poñédelle pé de foto. Con todas elas elaboraremos un vídeo.
 Será un traballo entre todos, nestes días difíciles pero estamos unidos e pronto superaremos esto.

Ánimo a tod@s!!!

martes, marzo 17, 2020

Maleta viaxeira


Chegou a hora de despedir a Maleta Viaxeira. Estivo con nós desde o 12 de febreiro. O seu condido era sobre inclusión e estivo exposto na biblioteca.




domingo, marzo 08, 2020

Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de marzo conmemora a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade. É un día importante para pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

No Ceip Plurilingüe Ría do Burgo quixemos celebrar este día, recordando a moitas das mulleres galegas que foron importantes en diferentes aspectos.

Entre todos realizamos un gran mural para resaltar o papel destas mulleres.




Aquí vos deixamos a presentación onde recollemos a información sobre cada unha delas.


mércores, marzo 04, 2020

Duración dos materiais


O lixo que xeramos tarda moito tempo en desaparecer. Os nenos e nenas de 1º de EP investigaron canto tempo tardan en desaparecer algúns dos materiais que están na nosa vida diaria. Tamén nos dan unhas recomendacións sobre reciclaxe.
Fixérono xenial!!!

https://www.youtube.com/watch?v=bDuKipSVmsQ


martes, marzo 03, 2020

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebramos a semana da prensa dun xeito especial. Este curso estamos levando a cabo moitas actividades para que tomemos conciencia da necesidade de loitar en contra do cambio climático. Nali, un oso polar pediunos axuda para os animais en perigo de extinción polo cambio climático. A última carta que nos manda pídenos que empreguemos os xornais como medio informativo e saber así o que pasa no mundo.

Deste xeito pretendemos familiarizar aos nenos/as con este medio de comunicación que nos achega á realidade. Os xornais son un recurso que pode contribuir a aumentar as competencias tanto lingüísticas como sociais e culturais.

A biblioteca preparou un caderno para a documentación documental sobre este medio de comunicación. Esperamos que vos sexa de utilidade!!!
Para levar a cabo a actividade proporcionamos distintos tipos de xornais e a recopilación de noticias sobre o cambio climático que levamos a cabo entre toda a comunidade educativa durante todo o curso.

Aquí deixamos o dossier que se lle entregou a cada equipo:








Aquí vos deixamos algunhas fotos dos grupos levando a cabo a actividade:







luns, marzo 02, 2020

Manual básico de uso de radio

Presentamos este manual básico de uso da radio para facilitar o seu uso  tanto por parte d@s nen@s como dos mestres e mestras. 
Esperamos que vos sirva de axuda.

Laboratorio de radio

O laboratorio de radio composto polos xornalistas Sergio Pascual e Lucía Aberrategui, desenvolveu un obradoiro de radio, organizado polo Concello de Cullerdo a través do programa EducaCulleredo . Ao longo das sete sesións o alumnado coñeceu as linguaxes radiofónicas e participou en diferentes dinámicas orientadas a entender os elementos imprescindibles para facer radio: traballo en equipo, escoita activa, cooperación e preparación. De igual modo, coñeceron e puxeron en práctica os procesos de creación dos programas de radio: elaboración de un guión, produción e gravación. Así , un grupo de cuarto de primaria traballou sobre o tema da igualdade e outro, sobre o cambio climático. Ese traballo deu como resultados diferentes relatos sonoros, entrevistas e un programa final. Cómpre destacar que unha das experiencias foi enterxeracional ao contar coa participación das nais que traballaron, xunto co alumnado, para a elaboración de diferentes contidos radiofón icos. Algúns audios xa están dispoñibles 

https://www.ivoox.com/entrevista-rioboo-alcalde-culleredo-audios-mp3_rf_47821051_1.html