mércores, novembro 25, 2020

25N. DÍA DA NON VIOLENCIA

     O día 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. No noso centro facémolo cun Genially de Lorena Negreira.


https://www.blogger.com/blog/post/edit/7112247839309236347/3806674963531595276#


https://www.blogger.com/blog/post/edit/7112247839309236347/3806674963531595276#

venres, outubro 23, 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro, día das bibliotecas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema Bibliotecas, sempre ao teu carón céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia".


Este curso 2020/2021, o lema elexido para as bibliotecas escolares é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Este lema convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

Para acadar isto,  co noso PDI imos dar "Unha volta polo mundo". Quen queira acompañarnos estades convidados. Para introducilo na comunidade educativa  fixemos esta presentación.









martes, outubro 20, 2020

TITORIAL MEIGA

 Presentamos dúas guías moi sinxelas para levar a cabo os empréstitos e as devolucións. 


luns, outubro 19, 2020

NORMAS DE BIBLIOTECA. Protocolo COVID-19

Mentres dure a situación de pandemia, teremos en conta as seguintes normas para ter unha biblioteca segura.




venres, xuño 19, 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Chegaron as vacacións. Agora é un bo momento para disfrutar da lectura. Por iso o  Equipo de Biblioteca  deixámosvos a recomendacións de lectura e xogos para este verán.
Esperamos que vos gusten.






xoves, xuño 04, 2020

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celebramos o Día Internacional do Medio Ambiente.
Este día tiñamos previsto levar a cabo a exposición da biblioteca con todos os traballos levados a cabo relacionados co noso PDI  O CAMBIO CLIMÁTICO. Como non foi posible faremos a exposición a través deste vídeo.
Esperamos que vos guste.




mércores, maio 20, 2020

VALSE DE VILANOVA DOS INFANTES

40 nenas e nenos do Ceip Plurilingüe Ría do Burgo interpretan neste 17 de maio de 2020, día das Letras Galegas, o Valse de Vilanova dos Infanes