venres, outubro 23, 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro, día das bibliotecas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema Bibliotecas, sempre ao teu carón céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia".


Este curso 2020/2021, o lema elexido para as bibliotecas escolares é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Este lema convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

Para acadar isto,  co noso PDI imos dar "Unha volta polo mundo". Quen queira acompañarnos estades convidados. Para introducilo na comunidade educativa  fixemos esta presentación.









Ningún comentario:

Publicar un comentario