martes, maio 24, 2016

AS FLORES DA PRIMAVERA

Chegou a primavera. Todos os habitantes do bosque espertaron do seu soño invernal. O sol brillaba no alto do ceo saudando a todos cos seus raios.
-Espertade amigos, a primavera chegou- cantaba o sol.
Os animais abandonaban os seus tobos para saír a pasear. Os cervos, coellos, lobos e ardillas correteaban polo bosque buscando algo para comer. Os vermes convertéronse en bonitas bolboretas, as mariquitas voaban e as formigas paseaban. Todos deixaban as súas casas para saudar ao sol.
As árbores e as plantas lucían as súas follas novas. As flores abrían as súas capullos para ensinar as súas bonitas cores. Pero, un momento Que pasa?, están a pelexarse, imos ver que ocorre.
-Mirade, eu si que son fermosa, fresca e olorosa. O meu vermello é brillante e o meu corazón negro como o carbón- dixo a mapoula.
-Eu si que son fermosa, fresca e olorosa, os meus pétalos son blanquitos e o meu corazón amarelo- dixo a margarida.
-Diso nada a máis fresca, fermosa e olorosa son eu- dixo a rosa; os meus pétalos son rosas e o meu corazón tamén.
-Basta!- gritou o sol- non vos peledes máis, todas sodes igual de fermosas, frescas e olorosas.
-Non señor sol, estás equivocado porque eu se que son fermosa, fresca e olorosa, os meus pétalos son morados e o meu corazón blanquito- dixo a violeta.
-Non me gusta que vos peledes- repetiu o sol.
Pero non lle facían caso, estaban a enfadarse moito e el non entendía por que. Todas eran fermosas, frescas e olorosas aínda que de diferentes cores e formas. Algo tiña que facer. Pensou e pensou e ao fin ocorréuselle. Chamou á súa amiga a lúa:
-Lúa, lunera, cascabelera- gritou o sol.
E a lúa chegou e diante do sol colocóuselle.
-Que pasa?- dixo a rosa.
-Non vexo nada, gritou o caravel.
-Mirade ao redor, amigas, Que é o que vedes?- dixo o sol.
Non se vían nada, na escuridade non se distinguían as cores e parecían todas iguais.
-Que parvas fomos! Dixeron todas as flores á vez. Non nos volveremos a pelexar, porque aínda que temos cores diferentes todas somos fermosas, frescas e olorosas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario