xoves, marzo 07, 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Dende a biblioteca queremos celebrar o Día da Muller Traballadora, para iso, puxemos a disposición dos nenos e nenas moitos libros que falan da muller e da súa importancia.

Esta conmemoración comezou un 8 de marzo de 1857, cando un grupo de obreiras textiles decidiu saís ás rúas de Nova York a protestar polas malas condicións nas que traballaban.
Dende ahí, sucedéronse diversos movementos. Un deles, foi o 5 de marzo de 1908, onde un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo paa poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres nunha fábrica, nun incendio que se atribuiu ao dono da fábrica como resposta á folga.
Xa en 1910, nunha Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras, mais de 100 mulleres decidiron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.


Ningún comentario:

Publicar un comentario