luns, novembro 18, 2019

Formación de usuarios


Como todos os anos, levamos a cabo a formación de usuarios. Este curso levámola a cabo máis tarde xa que a biblioteca estivo en obras. Temos moito profesorado novo, polo que levamos a cabo unha primeira sesión con todo o profesorado na que mostramos a presentación elaborada polo equipo da biblioteca e diseñamos unha serie de actividades para que cada titor as leve a cabo co seu grupo de nenos/as.

Aquí vos deixamos a presentación.


 Algunhas fotos da sesión de formación de usuarios co equipo docente:





As actividades que levaron a cabo cos seus grupo de nenos/as foron:

- Ver a presentción en powetpoint e ir explicando  dúbidas. Nesta presentación explícase como está organizada a biblioteca, a clasificación por cores, etiquetas indicando a temática...

- Facilítase un listado de libros que terán que ir localizando na biblioteca por un grupo de nenos/as.

- Outro grupo de nenos/as terá que volver a colocar eses libros no lugar correspondente.

Aquí deixamos algunha foto da actividade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario