Cada 2 de abril, dende 1967, a Organización Internacional para el libro juvenil (IBBY) celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data coincide co día do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como El soldatito de plomo ou El patito feo. Esta celebración busca fomentar a lectura entre os máis pequenos e promocionar os bos libros infantís e xuvenís.
Todos os anos unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora interncional do Día do Libro Infantil e Xuvenil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren un texto e un cartel que se promocionará en librerías, colexios e bibliotecas co fin de incentivar a lectura. Este ano a sección de Letonia é a participante co texto da autora Inese Zandere e o cartel do ilustrador Reinis Petersons que deixa clara a mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".
Para celebrar o Día Internacional do Libro, ofrecemos tres actividades:
1.- Booktrailers
Un book trailer é un vídeo con música, imaxes, texto co obxectivo de animar á súa lectura. Pinchade no enlace e veredes unha selección de booktrailers da editorial Kalandraka.
2.- Contos contados
A narración oral é fundamental para fomentar a lectura. A través a voz damos vida á palabra escrita. Ademáis, os contos permiten "ler" en familia. Pinchade no enlace para escoitar os contos.
Propoñémosvos que creedes vós un conto e nolo enviedes ao correo biblioteca.riadoburgo@gmail.com para poder publicalos no blog, No enlace atoparedes un guión que vos pode servir de axuda.
Animádevos!!!
Paréceme moi interesante todo o que estades a contarnos. Non sabía o dos textos e carteis para celebrar ese día. E tampouco coñecía esa páxina de Kalandraka. Graciñas por descubrimo.
ResponderEliminar