O próximo 17 de maio celébrase o día da Letras Galegas. Este ano imos celebralo dun xeito especial dende as nosas casas.
Propóñémosvos dúas actividades:
1.- Escape room de Carvallo Calero
Facilitado por Alba Carril, do CPI de Vedra, e Ana Santos , do CEIP Carril.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre Carvallo Calero neste enlace ou telos de apoio por se precisades buscar algo.
Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.
Enlace do xogo:
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR219LJCkajRtQD2fziv2dWgJgBF4rKyPTdSVfmsrbe77gtRjJSmCQh0bIs
2.- As nosas verbas.
A nosa proposta consiste en que nos enviedes unha palabra en galego que vos guste. Mandádea decorada para que quede bonita. Con todas as recibidas prepararemos un vídeo que colgaremos no blog.
Enviade a vosa palabra a biblioteca.riadoburgo@gmail.com antes das 14h do venres 15 de maio.
Animádevos a participar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario