venres, setembro 16, 2016

COMEZAMOS CURSO 2016.2017





Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 

Publicado na web Bibliotecas escolares. Xunta de Galicia 

martes, maio 31, 2016

ACTIVIDADES DO CONCELLO . MES XUÑO


BIBLIOTECAS

VENRES 3 DE XUÑO
Biblioteca “Xosé Cardeso Liñares” de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: A vella na botella. Nenos/as a partir de 3 anos. Entrada libre.



TEATRO

VENRES 3 DE XUÑO
Salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 19.30 h:
Compañía Elefante elegante: Danza da choiva. (Infantil). Recollida de invitacións dende unha hora antes da función, ata completar aforo.



CONCERTOS

LUNS 30 DE MAIO
Conservatorio de Música de Culleredo. 18.00 h:
Audición de piano, con alumnos/as da profesora Pilar Salgueiro. Entrada libre.

MARTES 31 DE MAIO
Conservatorio de Música de Culleredo. 19.45 h:
Audición didáctica de saxofón, a cargo de alumnos/as do profesor Alberto G. Noguerol. Entrada libre.

MÉRCORES 1 DE XUÑO
Conservatorio de Música de Culleredo. 17.00 h:
Concerto didáctico de canto “Le origine dell´opera”, interpretado por Elia Galdo e Cristina Bernal. Entrada libre.

XOVES 2 DE XUÑO
Conservatorio de Música de Culleredo.
17.30 h: Conto musicado A memoria das árbores. Música de Marcial del Adalid. Texto de Xosé A. Neira Cruz. Música e movemento: alumnos/as de Iniciación. Narrador: Antón Seijas. Piano: Miguel Valls. Entrada libre.
19.00 h: Audición didáctica de violín, con alumnos/as do profesor Marcos Seoane. Entrada libre.

VENRES 3 DE XUÑO
Conservatorio de Música de Culleredo. 19.00 h:
Concerto didáctico de violoncello e piano, con alumnos/as dos profesores Joaquín García e Susana Polo. Entrada libre.

martes, maio 24, 2016

AS FLORES DA PRIMAVERA

Chegou a primavera. Todos os habitantes do bosque espertaron do seu soño invernal. O sol brillaba no alto do ceo saudando a todos cos seus raios.
-Espertade amigos, a primavera chegou- cantaba o sol.
Os animais abandonaban os seus tobos para saír a pasear. Os cervos, coellos, lobos e ardillas correteaban polo bosque buscando algo para comer. Os vermes convertéronse en bonitas bolboretas, as mariquitas voaban e as formigas paseaban. Todos deixaban as súas casas para saudar ao sol.
As árbores e as plantas lucían as súas follas novas. As flores abrían as súas capullos para ensinar as súas bonitas cores. Pero, un momento Que pasa?, están a pelexarse, imos ver que ocorre.
-Mirade, eu si que son fermosa, fresca e olorosa. O meu vermello é brillante e o meu corazón negro como o carbón- dixo a mapoula.
-Eu si que son fermosa, fresca e olorosa, os meus pétalos son blanquitos e o meu corazón amarelo- dixo a margarida.
-Diso nada a máis fresca, fermosa e olorosa son eu- dixo a rosa; os meus pétalos son rosas e o meu corazón tamén.
-Basta!- gritou o sol- non vos peledes máis, todas sodes igual de fermosas, frescas e olorosas.
-Non señor sol, estás equivocado porque eu se que son fermosa, fresca e olorosa, os meus pétalos son morados e o meu corazón blanquito- dixo a violeta.
-Non me gusta que vos peledes- repetiu o sol.
Pero non lle facían caso, estaban a enfadarse moito e el non entendía por que. Todas eran fermosas, frescas e olorosas aínda que de diferentes cores e formas. Algo tiña que facer. Pensou e pensou e ao fin ocorréuselle. Chamou á súa amiga a lúa:
-Lúa, lunera, cascabelera- gritou o sol.
E a lúa chegou e diante do sol colocóuselle.
-Que pasa?- dixo a rosa.
-Non vexo nada, gritou o caravel.
-Mirade ao redor, amigas, Que é o que vedes?- dixo o sol.
Non se vían nada, na escuridade non se distinguían as cores e parecían todas iguais.
-Que parvas fomos! Dixeron todas as flores á vez. Non nos volveremos a pelexar, porque aínda que temos cores diferentes todas somos fermosas, frescas e olorosas.

martes, maio 10, 2016

ERICA ESMORIS



 Hoxe tivemos o pracer de coñecer a escritora de "Nena e o mar", despois de ler e desfrutar coa lectura durante os  plan lectores, Erica veu ao noso colexio a falar do libro e a coñecernos. Nos entregámoslle un libro feito cos nosos debuxos, poesías, preguntras.... Erica asinou os nosos libros con adicatoria para cada un de nós. MOITAS GRAZAS!!!!!

Érica Esmorís (A Coruña, 1977). Naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro; e Ulises e as cronoamigas (2015). Gañou o Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015).

 Aquí tedes unha escolma da visita.

venres, abril 29, 2016

EN UN LUGAR DE LA MANCHA....



Durante a semana do libro a nosa biblioteca converteuse nun lugar da Mancha.
A xornada transcorreu dun modo moi ameno e gran parte do alumnado demostrou non só o entusiasmo que lles suscita   este simbólico e emotivo acto, senón tamén o gran nivel de lectura que hai no colexio, acompañada moitas veces de dramatización na mesma. 



 Desde a biblioteca queremos agradecer non só aos alumnos lectores e dramaturgos senón aqueles que os escoitaron atentamente, grazas a todos.

Seguiremos fomentando a lectura:Para iso seleccionarase unha metodoloxía activa e participativa que contará con todos os medios ao alcance do centro.
Entre os nosos obxectivos hoxe destacamos estes:

  •  facer da biblioteca un lugar de encontro e un espazo de comunicación para os nosos alumnos/as, amantes das letras, a conversación, a reflexión, o humor, a tenrura...
  • Facilitar estratexias para poder espertar no alumno/a o interese pola lectura e escritura recreativa, pracenteira, de goce... 








xoves, abril 21, 2016

Hoxe coñecemos un ILUSTRADOR GALEGO





Este señor é Xosé Cobas. Naceu en Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953

Pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo as súas obras en distintas galerías e centros de arte de España, Europa e Latinoamérica. Os seus inicios na ilustración foron en prensa diaria. A finais dos 80 comezou a traballar como ilustrador de literatura infantil e xuvenil. Desde 1991 é deseñador gráfico da Deputación da Coruña. Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun centenar de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.

 Estes son dous exemplos de libros ilustrados por Xosé Cobas.
Se queres saber máis sobre Xosé pincha enriba do seu nome.


MOITAS GRAZAS ¡¡ por vir o noso colexio, e pasar con nós este día tan especial adicado a lectura.
Seguiremos emocionándonos cos teus debuxos, obras pictóricas, esculturas......