luns, marzo 07, 2016

8 MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




Dende a Biblioteca do noso cole, imos recordar algunhas das escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil.
Aquí van as imaxes dalgúns dos seu libros. Se queredes saber máis destas autoras, investigade, lembrade que a biblioteca é un lugar de investigación, experimentación.

A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras





SABÍAS QUE....

Un estudo identifica máis de 150 escritoras na Galicia do século XIX (artigo de La Voz de Galicia, marzo 2015)

Rosalía, Pardo Bazán e Concepción Arenal son hoxe as máis coñecidas

Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal son as tres escritoras galegas máis coñecidas do século XIX. A investigación especializada destacou outras. E un estudo agora publicado polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, centro de investigación de carácter mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e da Xunta, identifica máis de 150, a maioría galegas que publicaron en Galicia ou en enclaves da emigración, e algunhas foráneas difundidas en Galicia.
«No século XIX, que unha muller editase un libro era moi complicado», afirma Carlos Andrés González Paz, editor desta monografía. Porén, «as escritoras que querían publicar tiveron dous aliados excelentes: o liberalismo político, que favoreceu o acceso das mulleres á escrita pública; e a prensa, pois comezan a ser publicados xornais, mesmo en poboacións pequenas, que incorporaban os seus textos», explica.
Unha das escritoras máis recoñecidas nesa altura foi a coruñesa Emilia Calé, que publicou unha inxente produción, en castelán, entre 1860 e 1900, en parte co pseudónimo Esperanza; pertenceu á Real Academia Galega e destacou como «poeta, novelista, dramaturga, ensaísta», indica Aurora Marco, autora desa entrada. Ou a ourensá Filomena Dato, «varias veces laureada en certames literarios e xogos florais», acrecenta esta investigadora. Ou sor María Antonia de Jesús, escritora mística, de Cuntis, estudada por Laura Blanco, por citar tres exemplos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario