xoves, novembro 30, 2017

25 de Novembro. O xénero tamén conta: contos pola igualdade.

    As nenas e nenos en idade escolar están devenvolvendo a súa personalidade e o lugar que ocuparán na sociedade nun futuro. Por iso é importantísomo educar dende todos os ámbitos ( familia e escola) para previr atitudes que nun futuro poidan  xerar violencia de xénero.

    A nosa sociedade avanza e as historias que as nenas e nenos len deben reflectir esa realidade, axudando a construír unha sociedade mais igualitaria, rompendo estereotipos, educando as emocións e amosando unha visión do mundo baseada na tolerancia, a igualdade, o respecto, etc.

    As pequenas e pequenos precisan libros onde as nenas e nenos protagonistas, independentemente do seu sexo, poidan elexir os seus soños, desexos e ilusións e ter as mesmas oportunidades para acadalos.

    Tamén son  necesarios os libros cos que se fomente a autoestima. Pensemos que a base para acadar unha sociedade na que nos tratemos ben uns aos outros é que as persoas que forman esa sociedade sexan capaces de quererse a sí mesmas, pois para aprender a ver a beleza nos demais primeiro temos que ser capaces de vela en nós mesmos.

    A Literatura Infantil e Xuvenil en ocasións continúa reflectindo roles e estereotipos de xénero e representando valores que non transmiten igualdade, por iso dende o Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, convencid@s de que temos que traballar dende as familias e dende a escola para educar na igualdade, propoñémosvos esta escolma de contos para traballar na coeducación:




                   

      

  


      

           
Image result for a cincenta que non quería comer perdices       Mi cuerpo es mío.jpg

Related image    la-mitad-de-juan


los-viajes-de-olga        princesas, dragones y otras ensaladas


Related image 

Image result for a coelliña Marcela


http://alusdocandil.com/78/o-libro-dos-porcos.jpg

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8mndHC_3jIz6BSu83MBCt1Pha0E_BIleDUoTJVc7q9mDQAzRNWYSpH-Pf8FgeTyjtPNi0tUfxJIBjCRU0fUwdAO2DYlByBZ39JIOCJcpE4ImNzOtvmuAMeYv8he8hsh8YZXIMoYH-K4Y/s400/MANDON%255B1%255D.jpg

    Agardamos que Os Reis Magos tomen boa nota e inclúan estas propostas de lectura nos agasallos deste ano.




Ningún comentario:

Publicar un comentario