domingo, novembro 26, 2017

Illa Fantasía, a Escola do Unicornio.

    O Proxecto "Illa Fantasía, a Escola do Unicornio" é un proxecto de animación á lectoescritura que xurde no CEIP Sada y sus contornos, no que actualmente participa alumnado de distintos centros de Culleredo e no que colabora o noso Concello.

     As clases de 4 e 5 anos e de 1º e 2º de Educación Primaria mergulláronse nesta aventura cargada de maxia e recibiron a visita da bruxa Brúxula recén chegada da Illa Fantasía.

    Brúxula contounos moitísimas cousas, como por exemplo que ten 172 anos (ainda que se conserva estupendamente! ! !), que vive nunha pagoda de cinco pisos, falounos do problema da Escola do Unicornio, das cousas importantes que leva dentro da súa maleta, das viaxes de You You Tu, ensinounos a situar os puntos cardinais coa axuda dun compás e cuns unicornios que nos trouxo, e amosounos o seu amuleto feito con pedras máxicas. Agora tócanos a nós facer os nosos amuletos! ! !

    Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes da visita de Brúxula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario